Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño".
- Mahatma Ghandi -
O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.
A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. Neste día, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.
Nese día celébrase o aniversario da morte do Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.
Que podemos aprender do Día da Paz?
Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.
O Día da Paz, pola súa temática xeral de non violencia, resolución de conflitos e convivencia, pode traballarse en todos os niveis educativos desde Educación Infantil ata Bacharelato.
Coñecementos | Actitudes | Competencias | |
---|---|---|---|
Educación Infantil
|
|
|
|
Educación Primaria
|
|
|
|
Educación Secundaria
|
|
|
|
Actividades e recursos para o Día da Paz

25/01/2018
Cores de paz
Esta actividad nos permite entender un poco mejor la relación que existe entre el agua y la paz y cómo podemos evitar los conflictos por el agua.
25/01/2018
Cores de paz
Unha actividade para a Educación Infantil que nos axudará a descubrir que a cor simbólica da paz é branca, pero que todas as cores poden ser cores da paz.
25/01/2018
A misión diplomática
Esta actividade para educación secundaria axúdanos a ver o papel que os malentendidos poden ter nos conflitos, o que nos permite buscar solucións para unha mellor comunicación.
25/01/2018
Bingo da paz
Esta actividade para educación primaria axúdanos a descubrir o que temos en común con outras persoas e a importancia de atopar puntos de acordo para alcanzar a paz
25/01/2018
O puzzle da paz
Unha actividade para a Educación Infantil que nos permite descubrir que tipo de cousas non se axustan a un ambiente da paz.
25/01/2018
Voces de paz
Actividade para a Educación Secundaria para aprender a aplicar os pasos básicos da resolución de conflitos. Ademais, descubriremos o poder da comunicación e da arte na realización da paz, a través dun documental e da música de Abraham Mateo.
25/01/2018
Protexamos a paz
Esta actividade de Educación Primaria permítenos reflexionar sobre as consecuencias da violencia e da importancia de previr e evitar.Novidades no noso blog educativo

20/05/2020
Coronavirus: Ao despacho do director!
Da capacidade dos equipos directivos dos centros educativos para interpretar estes momentos incertos dependerá, en gran medida, o bo regreso ás aulas. É moita responsabilidade e non é tarefa sinxela.
20/05/2020
Cambios na convocatoria da 4ª edición de recoñecementos a centros referentes
A convocatoria de recoñecementos correspondente ao curso 2019-2020 viuse tamén afectada pola pandemia da COVID-19 e o peche dos centros educativos. Estas modificacións permitirán dar continuidade ao proceso co mínimo impacto nos centros involucrados no proceso.
13/05/2020