Quiz de actualidade

  • Resolvede este quiz no que se presentan preguntas ligadas a algúns feitos violentos da actualidade e coas que deberedes reflexionar sobre cal é a resposta máis acertada.

  • Xogo Educación Secundaria.

 

Este xogo busca fomentar a capacidade para detectar distintas formas de violencia na actualidade (facendo énfase no concepto da cultura da violencia amplamente asumida). Partimos de novas que se xeran en todo o mundo e vemos tamén o xeito no que os medios de comunicación as tratan ou as difunden. É unha actividade interesante para poder introducir na aula a idea da diferenza entre información e opinión e poder debater sobre isto.

As cuestións que hai que resolver formularanse tentando apelar ao sentido crítico do alumnado, visualizando maneiras de xestionar ou resolver os conflitos que pasan por un cambio de ollada do mundo (con menos prexuízos, máis empatía...).   

Ofrécense ligazóns vinculadas á información á que fan referencia as preguntas, que poden axudar a ampliar os coñecementos sobre o caso presentado. 

Orientación sobre a etapa educativa

Propoñemos este xogo para bacharelato, aínda que, se se desexa, pódese realizar noutras etapas educativas, en función do nivel madurativo do grupo.

Dereitos da infancia relacionados

  • Dereito á protección fronte á violencia
  • Dereito á igualdade e á non discriminación
  • Dereito ao acceso á información axeitada, útil e veraz
  • Dereito á liberdade de expresión

Como se xoga?

Trátase dun quiz tradicional no que se formulan cinco preguntas ou afirmacións ligadas a unha actualidade relativamente recente. Danse tres respostas posibles, das cales só unha é totalmente certa (as demais poden ser total ou parcialmente erróneas ou reflectir opinións valorativas, non feitos).

Pódese optar por un xogo cooperativo, no que, entre todo o alumnado que forma o grupo-clase, se tentan atopar as solucións ás preguntas formuladas; tamén se pode escoller formar equipos que compitan entre si para ver quen acerta antes a pregunta formulada. Neste último caso, gañaría o grupo que tivese máis acertos ao final do xogo. 

Despois do xogo

A idea é que este xogo de preguntas sirva como quentamento para un debate sobre os aspectos que suscita cada pregunta ou afirmación.
Algunhas ideas e conceptos que se poden salientar durante o debate:

 

  • Que chama máis a atención dos casos presentados?

  • A sociedade, tivo sempre unha visión crítica ante casos como os que se expoñen?

  • Como coidades que cambiaron as cousas?

  • Nos casos que se presentan, onde remataría a información e comezaría a opinión?

  • Que información se precisa para poder opinar? Onde se pode obter?

  • As respostas poden ilustrarse con exemplos concretos.

  • Os conflitos presentados, achegaron algún elemento positivo? Cal? Por que? 

  • Lembrades como trataron a prensa, as redes sociais, etc. cada un dos casos expostos?

As respostas poden ilustrarse con exemplos concretos. Se se desexa continuar coa actividade, pódese buscar información sobre cada tema, por grupos ou individualmente. 

 

Conceptos clave:

Paz, non violencia, convivencia, respecto, diferencias, tolerancia, discriminación, noticias, fake news, medios de comunicación, redes sociais.

Dirixido a: ESO e Bacharelato.

Edita: UNICEF España, decembro de 2023

Conceptualización e produción: Eduxarxa, SCCL

Tamén dispoñible en:  CAS 

Dispoñible en Genially en:  CAS |   CAT |  EUS |  GAL |  VAL |  ENG

 

Descobre máis recursos interactivos sobre paz e non violencia

Escape room: casa do terror

Escape room: casa do terror

Para saír da casa do terror, María só necesita atopar algúns obxectos clave que lle fagan recordar quen é e que dereito…

Xogo de enigma: Descobre o personaxe misterioso

Xogo de enigma: Descobre o personaxe misterioso

Adiviña quen é o personaxe misterioso usando o menor número de pistas posible. Xogo para Ed. Secundaria

Xogo de rol - Paz e non violencia

Xogo de rol - Paz e non violencia

Neste xogo exponse dúas situacións cun posible conflito no que cada personaxe mostra unha actitude e unha opinión difer…

Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

Xogo para aprender que as fórmulas de cortesía son unha forma respectuosa de relacionarse con quen nos rodean, promoven…

Xogo: Abre a puerta correcta!

Xogo: Abre a puerta correcta!

Como educar en actitudes que fomenten o respeco e a non violencia?

Sopa de letras sobre prevención de conflitos

Sopa de letras sobre prevención de conflitos

Resolvede as preguntas relacionadas coa resolución de conflitos e a cultura da non violencia deste xogo.

Xogo: A casa da paz

Xogo: A casa da paz

Xogo para Educación Infantil que nos axuda a identificar contornas de paz cotiás

Xogo: Como se sinte?

Xogo: Como se sinte?

Xogo para aprender a identificar emocións e construír contornas amigables en Educación Infantil

Xogo da oca: paz e non violencia

Xogo da oca: paz e non violencia

Xogo da oca para Educación Primaria que nos permite reflexionar sobre a paz e a non violencia.

 

Estes recursos educativos forman parte dun proxecto financiado por MDSA2030/NextGenUE/PRTR - Orden DSA/1110/2022, de 17 de novembro – Modernización Tercer Sector -Exp.77/22

U50 logo MDSA2030 NGEU 0
 

Primavera de 2024

Pon a túa gota!
Carreiras de solidariedade

Coa chegada da primavera, miles de estudantes mobilizan nas súas escolas e institutos para apoiar o traballo de UNICEF en auga, medio ambiente e emerxencias humanitarias. ¿Queres que a túa comunidade educativa engada as súas gotas?