Axuda a María a saír da casa do terror

  • Para saír da casa do terror, María só necesita atopar algúns obxectos clave que lle fagan recordar quen é e que dereitos ten. Axúdala?

  • Xogo tipo escape room para formación de educadores.

 

Este xogo é un escape room no que o obxectivo é afastar á súa protagonista, María, dun espazo ou situación que se caracteriza pola escuridade, facéndolle recuperar a atención cara a súa persoa e os seus dereitos básicos, simbolizados mediante obxectos que nos permiten conectar con amplitude de ideas. 


O percorrido polo escape room inclúe a superación de certas probas que  permiten recuperar eses obxectos que teñen unha función catártica. O xogo é unha maneira de iniciar un debate sobre a necesidade de reivindicarnos e reivindicar os nosos dereitos para vivir en paz e con tranquilidade. 


Orientación sobre etapa educativa 

Propomos este xogo para os distintos cursos dos graos formativos de servizos culturais e á comunidade, aínda que, se se desexa, pódese realizar noutras etapas educativas.


Dereitos da infancia relacionados

  • Dereito á protección fronte á violencia
  • Dereito á participación e á liberdade de expresión
  • Dereito á familia
  • Dereito á educación
  • Dereito a unha identidade


Como se xoga? 


Durante ou despois do xogo:


Suxírese iniciar un debate arredor das cuestións que aparecen en cada pantalla, que poden lerse como metáforas da vida real, dando lugar a moitas interpretacións.

Este debate pódese realizar ao formular cada pregunta, valorando cada unha das solucións ofrecidas e pensando que pode significar o que se presenta ou que conexión pode ter cos problemas cotiáns do alumnado. O debate-charla tamén se pode realizar ao final do xogo, facendo un repaso máis xeral das ideas apuntadas durante as preguntas aparecidas nas distintas pantallas.

En calquera caso, estas preguntas poden axudar a animar o debate:   

  • A partir dos obxectos que busca e a súa simboloxía, imaxinade a razón pola cal María está encerrada nunha casa do terror. Cal podería ser? (Por exemplo: busca de identidade, de obxectivos vitais, vida en paz e harmonía...).

  • Que podería ser para vós unha casa do terror?

  • Que credes que pode simbolizar cada un dos obxectos que María busca e atopa? Chave, caderno con notas de música, lupa, maletín con fotografías (por exemplo: chave = busca a clave para resolver algún conflito; música e lupa = precisa prestar atención aos detalles da vida, crear a súa propia banda sonora...; maletín con fotografías = tenta definir a súa propia imaxe).

Podemos basearnos nas cuestións que se formulan nas distintas preguntas para crear certos paralelismos coa vida real e utilizalas como metáfora para falar de temas máis profundos. Por exemplo:

  • As chaves que pechan e abren portas, a busca da chave correcta, o peso dun cadeado pechado para sempre; 
  • A banda sonora dunha vida (a música e sons que hai en cada escena, pero tamén a que creamos expresamente para cada ocasión)
  • O sentido da busca e de fixarse nos detalles máis pequenos como se fai nalgunhas profesións mediante un obxecto como a lupa, que permite prestar atención ás cousas aparentemente máis insignificantes pero que, porén, poden revolucionar a ciencia; 
  • As lembranzas, a conexión co noso pasado, os nosos devanceiros, a nosa propia imaxe (a que proxectamos e a que é), a dos demais... E os medios que usamos para facelo (antes e agora), como, por exemplo, as fotografías.
  • Que poderían significar todos estes obxectos e símbolos na nosa propia biografía?
  • Como contribúe todo o que vimos a crear ou romper un clima de paz con nós mesmos e co que nos rodea?

 


Conceptos clave:

Educación socio afectiva, emocións na aula, paz mental, solución de conflitos, paz, non violencia.

Dirixido a: estudantes de ciclos formativos de servizos socioculturais e á comunidade ou de educación.

Edita: UNICEF España, decembro de 2023

Conceptualización e produción: Eduxarxa, SCCL

Tamén dispoñible en:  CAS 

Dispoñible en Genially en:  CAS |   CAT |  EUS |  GAL |  VAL |  ENG

 

Descobre máis recursos interactivos sobre paz e non violencia

Xogo de enigma: Descobre o personaxe misterioso

Xogo de enigma: Descobre o personaxe misterioso

Adiviña quen é o personaxe misterioso usando o menor número de pistas posible. Xogo para Ed. Secundaria

Xogo de rol - Paz e non violencia

Xogo de rol - Paz e non violencia

Neste xogo exponse dúas situacións cun posible conflito no que cada personaxe mostra unha actitude e unha opinión difer…

Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

Xogo para aprender que as fórmulas de cortesía son unha forma respectuosa de relacionarse con quen nos rodean, promoven…

Xogo: Abre a puerta correcta!

Xogo: Abre a puerta correcta!

Como educar en actitudes que fomenten o respeco e a non violencia?

Quiz de actualidade - Paz e non violencia

Quiz de actualidade - Paz e non violencia

Resolvede este quiz no que se presentan preguntas ligadas a algúns feitos violentos da actualidade e coas que deberedes…

Sopa de letras sobre prevención de conflitos

Sopa de letras sobre prevención de conflitos

Resolvede as preguntas relacionadas coa resolución de conflitos e a cultura da non violencia deste xogo.

Xogo: A casa da paz

Xogo: A casa da paz

Xogo para Educación Infantil que nos axuda a identificar contornas de paz cotiás

Xogo: Como se sinte?

Xogo: Como se sinte?

Xogo para aprender a identificar emocións e construír contornas amigables en Educación Infantil

Xogo da oca: paz e non violencia

Xogo da oca: paz e non violencia

Xogo da oca para Educación Primaria que nos permite reflexionar sobre a paz e a non violencia.

 

Estes recursos educativos forman parte dun proxecto financiado por MDSA2030/NextGenUE/PRTR - Orden DSA/1110/2022, de 17 de novembro – Modernización Tercer Sector -Exp.77/22

U50 logo MDSA2030 NGEU 0
 

Primavera de 2024

Pon a túa gota!
Carreiras de solidariedade

Coa chegada da primavera, miles de estudantes mobilizan nas súas escolas e institutos para apoiar o traballo de UNICEF en auga, medio ambiente e emerxencias humanitarias. ¿Queres que a túa comunidade educativa engada as súas gotas?