Sopa de letras

  • Descobre nesta sopa de letras palabras relacionadas cos conflitos e palabras relacionadas coa súa solución. 

  • Xogo para a aula de Educación Primaria.

 

Para aprender a detectar os conflitos, a aceptalos e xestionalos de forma non violenta, é moi importante ser capaces de identificalos e describilos, nisto, as palabras xogan un papel fundamental. Adquirir o vocabulario necesario para falar dos conflitos e da súa prevención e resolución é clave para xerar un clima de paz ao que todos os nenos e nenas teñen dereito. Baseándonos nesta premisa, presentamos dúas sopas de letras:  

  • Na primeira, atopamos palabras que fan referencia a cousas ou situacións que poden romper o clima de paz nun aula.
  • Na segunda, en cambio, atoparemos outras palabras que nos permitirán "desactivar" as situacións anteriores.

Así, poderemos formar parellas de palabras que servirán para introducir un pequeno debate sobre a detección, a aceptación e a resolución de conflitos dun xeito non violento como traballo constante para acadar un ambiente pacífico no que vivir. 

 

Orientación sobre a etapa educativa


Este xogo está recomendado para alumnado do ciclo inicial de Primaria (CI). Ademais, pode ser útil como actividade de reforzo para practicar a lectoescritura. 

 

Dereitos da infancia relacionados:

 

  • Dereito á protección fronte á violencia.
  • Dereito á participación e á liberdade de expresión.
 

Como se xoga?

 

A dinámica deste xogo baséase no funcionamento das sopas de letras tradicionais:

  • Hai dúas sopas de letras. Na primeira, búscanse palabras que suxiren un conflito: problema, violencia, berrar, pelexar, enfadarse. Na segunda, palabras que axudan a resolver ese conflito: solución, paz, escoitar, respectar, falar. 
  • Ao lado da sopa de letras, inclúense as palabras que se teñen que atopar.
  • Recoméndase proxectar no taboleiro dixital o recurso e propoñer ao grupo realizar as dúas sopas de letras entre todos, sen competitividade, presentándoo como un xogo cooperativo. 

Despois de xogar


Unha vez rematadas as sopas de letras, preguntaráselle ao alumnado que parellas formarían, e por que. As parellas iniciais que se propoñen son as seguintes, aínda que, ben argumentadas, poden aparecer outras:

  • problema-solución,
  • violencia-paz,
  • berrar-escoitar,
  • pelexar-respectar,
  • discutir-falar. 

Dependendo da implicación do alumnado, pódese preguntar se se lles ocorren outras palabras para a segunda sopa de letras e para formar parte das parellas. 

 

Conceptos clave:

Convivencia, paz, non violencia, resolución de conflitos, educación para a paz.

Dirixido a: Educación Primaria

Edita: UNICEF España, decembro de 2023

Conceptualización e produción: Eduxarxa, SCCL

Tamén dispoñible en:  CAS |

Dispoñible en Genially en:  CAS |   CAT |  EUS |  GAL |  VAL |  ENG

 

Descobre máis recursos interactivos sobre paz e non violencia

Escape room: casa do terror

Escape room: casa do terror

Para saír da casa do terror, María só necesita atopar algúns obxectos clave que lle fagan recordar quen é e que dereito…

Xogo de enigma: Descobre o personaxe misterioso

Xogo de enigma: Descobre o personaxe misterioso

Adiviña quen é o personaxe misterioso usando o menor número de pistas posible. Xogo para Ed. Secundaria

Xogo de rol - Paz e non violencia

Xogo de rol - Paz e non violencia

Neste xogo exponse dúas situacións cun posible conflito no que cada personaxe mostra unha actitude e unha opinión difer…

Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

Xogo para aprender que as fórmulas de cortesía son unha forma respectuosa de relacionarse con quen nos rodean, promoven…

Xogo: Abre a puerta correcta!

Xogo: Abre a puerta correcta!

Como educar en actitudes que fomenten o respeco e a non violencia?

Quiz de actualidade - Paz e non violencia

Quiz de actualidade - Paz e non violencia

Resolvede este quiz no que se presentan preguntas ligadas a algúns feitos violentos da actualidade e coas que deberedes…

Xogo: A casa da paz

Xogo: A casa da paz

Xogo para Educación Infantil que nos axuda a identificar contornas de paz cotiás

Xogo: Como se sinte?

Xogo: Como se sinte?

Xogo para aprender a identificar emocións e construír contornas amigables en Educación Infantil

Xogo da oca: paz e non violencia

Xogo da oca: paz e non violencia

Xogo da oca para Educación Primaria que nos permite reflexionar sobre a paz e a non violencia.

 

Estes recursos educativos forman parte dun proxecto financiado por MDSA2030/NextGenUE/PRTR - Orden DSA/1110/2022, de 17 de novembro – Modernización Tercer Sector -Exp.77/22

U50 logo MDSA2030 NGEU 0
 

Primavera de 2024

Pon a túa gota!
Carreiras de solidariedade

Coa chegada da primavera, miles de estudantes mobilizan nas súas escolas e institutos para apoiar o traballo de UNICEF en auga, medio ambiente e emerxencias humanitarias. ¿Queres que a túa comunidade educativa engada as súas gotas?