A auga debuxa paisaxes de paz

Esta actividade permite entender un pouco mellor a relación que existe entre a auga e a paz e como podemos evitar os conflitos pola auga.

 

A auga debuxa paisaxes de paz

Ao longo da historia moitas guerras e conflitos estiveron motivadas polo control dos recursos naturais, xa sexan territorios fértiles, bosques, pozos de petróleo ou lagos e ríos. O acceso a cursos de auga é moi importante para os países, xa que non só abastecen da auga necesaria para a vida de persoas, ganado e cultivos, senon que poden ser tamén unha vía de transporte, unha fonte de enerxía e un lugar para a pesca.

Nesta actividade propoñémosvos descubrir mái na aula sobre a relación entre a paz e a auga e utilizar esa información para crear debuxos de paisaxes nos que a auga e a paz sexan protagonistas. Podes descargar unha plantilla PDF sobre a que realizar as composicións.

Descarga A PLANTILLA

 


Conceptos clave: Paz, conflitos, auga, acceso á auga, equidade, seguridade, igualdade.

Dirixido a:  Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria.

Edita: UNICEF España

Descargar a plantilla para debuxar (PDF):  GAL | CAS

Recursos adicionais

  1. En función da idade e grao de madurez do grupo, introdúcese na aula o tema da paz e a auga. Para iso pode puede utilizarse a información de contexto que inclúe esta páxina e as ligazóns que hai no apartado "máis información".
  2. Pode estimularse o debate coas preguntas para a aula ou con outro tipo de preguntas que permitan acercar o tema a estudantes de diferentes idades (ver adaptación curricular).
  3. En grupo ou individualmente, selecciónase un conflito sobre a auga que queramos traballar e utilizamos a plantilla descargable para representar unha solución ao problema na que a auga e a paz sexan as protagonistas. Podemos inspirarnos nun conflito internacional ou cercano.
  4. Tanto a composición como as técnicas e ferramentas son libres. Pode utilizarse a plantilla para debuxos e collages, utilizar outro soporte físico para esculturas e instalacións ou empregar medios dixitais.
  5. Nos días próximos ao Día da Paz ou ao Día da Auga podemos compartir o traballo do noso grupo e as reflexións que xurdiron, utilizando os hashtag #paisajesdepaz e #gotasUNICEF.

 

Materiais
  •  Contidos incluídos nesta páxina e nas ligazóns accesibles no apartado "máis información".
  •  Plantilla descargable para debuxos e collages.
  •  Material e ferramentas de debuxo e artes plásticas adaptados á idade do grupo.

 

Moitos cursos de auga e lagos marcan a fronteira entre dous ou máis países. Tamén hai ríos que nacen nun país e atravesan outros ata a súa desembocadura ou acuíferos subterráneos que se estenden baixo varios países. Nestes casos a auga é un recurso compartido que da riqueza a varios países pero que tamén xera tensións. Estas tensións tamén se poden producir dentro dun país, cando varias comunidades comparten un río ou cando existen incompatibilidades entre os usos públicos e privados das fontes de auga.

A auga non só pode ser motivo de disputas, senón que tamén foi utilizada en varios conflitos como arma ou como estratexia de guerra, mediante la contaminación de pozos, os cortes de subministro ou o bloqueo do acceso á auga.

 

Dato

Sabías que...?

A palabra "rival" ten relación coa auga. Etimoloxicamente deriva do latín "rivus", que significa "arroio" e que da orixe tamén á palabra "río". Quizais sexa un reflejo da inimizade que podía darse entre veciños polo uso de presas ou fontes comunais. Outras teorías explican que pode ser polas tensións que había entre os distintos pobos ribeiregos ou polos conflitos que podían surdir entre quen vivían nas ribeiras dos ríos e quen vivían máis lonxe do curso da agua, debido ao control do acceso.   

Na actualidade hai conflitos a causa da auga?

Aínda que as noticias non falan deles, os conflitos pola auga non son cousa da antigüedade e seguen existindo hoxe en día. Aínda que haxa outras fontes de enerxía e a pesares de todos os avnces tecnolóxicos, a auga continúa sendo esencial para a vida e o control dos recursos hídricos da poder a quen o ten.


“Xa comezan a estalar conflitos pola auga en numerosas sociedades, por exemplo en Etiopía, na Bengala india, en Exipto, Sudán, China, río abaixo e río arriba no Yang-Tsé. As tensións son vivas incluso no plano internacional. A meseta do Golán, que se disputan Siria e Israel, é en primeiro lugar un depósito de auga nunha rexión seca. O Éufrates é un tema de discordia entre Siria e Turquía, que está construíndo represas río arriba. Ata os mexicanos comezan a molestarse cando comproban o que queda do Colorado cando cruza a fronteira. A disminución do caudal dos cursos da auga non vai a mellorar a situación”.
Lester R. Brown, Word Watch Institute

 

Neste mapa podemos ver os acuíferos trasfronterizos do mundo (aqueles que poden prover de auga a varios países) en relación á densidade de poboación das rexións onde se encontran. A maior densidade de poboación, maior risco de esgotamento do acuífero, pero non é a única causa. Podes descargar el PDF con máis información (en inglés).

 

Conflitos próximos


Ao noso ao redor tamén se producen conflitos pola auga. Se revisamos as noticias dos últimos anos, veremos que compartir os recursos hídricos foi fonte de tensións entre distintas administracións públicas. Tamén se produciron problemas polo uso comercial de acuíferos que sosteñen áreas naturais protexidas ou disputas pola prioridade nos usos da auga en temporadas de escaseza de choivas. A ameaza da seca e da desertización afecta aos habitantes de moitas zonas do país. Na prensa tamén poderemos ver noticias sobre xente que abusa dos acuíferos comúns ou que consegue auga ilegalmente, perxudicándonos a todos.

 

Este mapa mostra o cambio relativo nas precipitacións anuais cun aumento da temperatura de 2°C comparado co momento actual, nun escenario RCP8.5 (escenario no que as emisións de gases de efecto invernadoiro son moi altas). A conca do Mediterráneo é unha das rexións do mundo nas que se poden prever maior descenso das prediccións, segundo este modelo. Podes acceder ao artigo aquí.

 

 

  • Se a maior parte da superficie da Terra é auga, por que crees que hai conflitos polo seu uso?
  • Cando falamos dos conflitos noutros países parécenos lóxico pensar que deberían compartir os seus recursos sen que ninguén se aproveite nin salga prexudicado, pero ás veces é difícil aplicar esa lóxica cando o conflito témolo cos nosos propios veciños. Por que crees que pasa isto?
  • Investir en dar acceso a auga de calidade á poboación axuda a construír a paz en zonas de conflito e, á súa vez, investir en construír a paz axuda a afrontar os desafíos dalgunhas rexións respecto á auga. Por que crees que é así?

A actividade "Debuxa paisaxes de paz" pode desenvolverse por estudantes de todas as idades, adaptando as técnicas e ferramentas ás capacidades de cada grupo.

Respecto a a información necesaria para contextualizar o problema: os contidos relativos á auga e os conflitos no mundo é especialmente apta a partir do segundo ciclo de Educación Primaria e poden abordarse con máis profundidade ao longo de Educación Secundaria. A comprensión destas situacións precisan de coñecementos do medio e de xeografía física e política, así como competencias de resolución de conflitos que requiren certa madurez.

Isto non significa que os nenos e nenas máis pequenos non poidan comprender a importante relación que existe entre a paz e a auga, pero será necesario achegalo á súa experiencia cotiá a través de exemplos do día a día. Por exemplo:

  •  Que é máis importante, encher unha piscina ou regar un horto?
  •  Se temos pouca auga que facemos: Limpar o coche ou lavar os pratos?.
  •  Se comparto un tanque de auga co meu veciño e queda pouca, que é mellor?: Que o a use para cociñar ou que a use eu para xogar con globos de auga?

Este tipo de preguntas axúdanlles a darse conta de que, cando hai escaseza de auga poden xurdir conflitos e que é necesario resolvelos buscando solucións que logren o beneficio común.
 

Esta actividade está indicada para todos os niveis, realizando as adaptacións curriculares necesarias. 

Táboa de aprendizaxes

CoñecementosActitudesCompetencias
  • O acceso á auga é necesario para que todas as persoas poidan vivir dignamente e en paz. A auga é un requisito para a vida e un dereito humano, non un ben do que podamos prescindir ou sustituír. 
  • As veces, o acceso á auga pode ser fonte de conflitos, que é necesario solucionar pacificamente.
  • A escaseza de auga e a nencesidade de chegar a acordos para un acceso xusto e equitativo a ela tamén pode ser un impulso e unha motivación para a cooperación entre comunidades e a solidariedade.
  • É necesario protexer as fontes de auga para garantir o seu acceso a todas as persoas na actualidade e tamén ás xeracións futuras.
  • A auga e a paz están moi relacionadas e o Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable nº 16 sobre paz non pode acadarse se non se avanza no obxectivo nº 6 sobre auga.
  • Respecto pola conservación e protección da auga como forma de contribuír á convivencia.
  • Defensa do dereito á paz e á auga en todo o mundo.
  • Uso da liberdade de expresión como medio para difundir e protexer a paz e a auga.
  • Traballo en equipo polo logro dun ben común.
  • Empatía e solidariedade cara a situación doutras persoas.
  • Responsabilidade individual e colectiva na xeración de contornas non violentas e respetuosas coas necesidades de todas as persoas, así como do medio ambiente.
  • Utilización de fontes de información.
  • Traballo individual e en grupo.
  • Habilidades plásticas e de representación de ideas abstractas a través do debuxo e outras técnicas.
  • Desenvolvemento da creatividade e desenvolvemento da capacidade de expresión plástica.

Estas ligazóns a outras webs poden utilizarse para ampliar información sobre os conflitos e a auga, especialmente en Educación Secundaria. Ao ser contidos xornalísticos sen un fin expresamente educativo, recoméndase aos docentes que os revisen antes de compartilos cos grupos, para valorar a súa idoneidade. As posicións dos medios que publican estes contidos non reflicten necesariamente o punto de vista de UNICEF.

 

Actividades e recursos para o Día da Paz

 

Celebra o Día Mundial do Lavado de Mans! 

O Día Mundial do Lavado de Mans celébrase en todo o mundo o 15 de outubro, para lembrar a importancia dun xesto tan sinxelo como lavarse as mans con auga e xabón para a saúde. Coñece as actividades e recursos que preparamos para este día: pódense desenvolver tanto na aula como nas clases on-line. Podemos adaptar estas actividades para que forme parte da campaña do noso centro educativo a favor de #GotasUNICEF

COÑECE MÁIS