O novo coronavirus e o dereito á educación

As emerxencias, sexan do tipo que sexan, impactan na actividade escolar, no acceso a centros educativos, na saúde de docentes e estudantes e noutros aspectos do día a día a día educativo. Garantir o dereito á educación en situacións excepcionais é un compromiso básico, tanto en países en desenvolvemento como en países desenvolvidos.
UNESCO: Mapa que muestra los cierres de escuelas debidos al COVID-19 a principios de marzo de 2020

Este mapa, difundido pola UNESCO o 4 de marzo de 2020 mostra os países nos que se procedeu ao peche de centros educativos para evitar a expansión do COVID-19 (novo coronavirus). En verde, os países onde houbo peches xeneralizados de centros e en amarelo os países nos que os peches se atopan localizados. En total, calcúlase que 290 millóns de estudantes no mundo quedaron sen clases a principios de marzo a causa do  COVID-19.

Nas últimas décadas, o mundo foi testemuña dun número crecente de crises ocasionadas por conflitos, desastres naturais e epidemias. Cando afectan á educación, alteran o día a día dos estudantes e as súas familias e, ademais, poñen en perigo o seu futuro e a súa capacidade para contribuír ao desenvolvemento da sociedade.

Pese ao papel crucial da educación nunha situación de alerta ou emerxencia e os enormes beneficios que achega aos estudantes nestas circunstancias, a educación adoita ser o primeiro servizo que se suspende e o último que se restablece nas comunidades afectadas por crises. A expansión do COVID-19 non é unha excepción a esta regra: segundo datos de la UNESCO, 290 millóns de estudantes perderon xa as súas clases debido ás medidas para conter a propagación da epidemia.

Dereitos na encrucillada

Esta situación expón un clásico conflito de dereitos: protexer o dereito á saúde da poboación fronte a protexer o dereito á educación de nenos, nenas e adolescentes. A urxencia da situación fai que sexa lóxico dar prioridade ás medidas para frear a epidemia, para evitar danos maiores. Na medida do posible, ditas medidas deben tomarse de tal forma que o dereito á educación dos millóns de estudantes que viven nas zonas afectadas polo COVID-19 non se vexa vulnerado.

Nunha situación de alerta como a actual, a educación é un salvavidas para os nenos e as nenas. As rutinas escolares proporciónanlles a estabilidade e a orde que lles axudan a afrontar a incerteza. Ademais, a escola pode ser fonte de aprendizaxes valiosos sobre saúde e prevención de riscos e, en colaboración coas familias, pode axudar a canalizar as emocións daqueles nenos e nenas que se viron expostos a informacións inapropiadas para a súa idade.

Asumir responsabilidades, garantir dereitos

Non hai unha solución fácil, nin duradeira no tempo nin válida para todos os casos porque a actualidade da expansión do virus evoluciona cada día e o que pode ser adecuado hoxe, quizais non o sexa mañá. Aínda así, a prevención, a comunicación e a planificación son ferramentas que poden permitir á comunidade educativa facer fronte aos riscos e gañar en resiliencia. Algunhas ideas que estamos a obter de centros educativos que xa deron primeiros pasos eficaces: 

1. Non ignores a situación

 

Aínda no improbable suposto de que o COVID-19 desaparecese de forma máxica nuns días, o seu impacto de saúde, económico e social xa é unha realidade. Prepararnos para situacións difíciles ou sobre as que non temos experiencia fainos gañar terreo no caso de que ditas situacións ocorran. Se finalmente non hai que poñelas en práctica, gañariamos un coñecemento da nosa contorna educativa que quizais antes non tiñamos.


•Por exemplo: algúns centros están a preparar protocolos de comunicación especiais e o coñecemento que están a adquirir sobre as redes de difusión de información no centro pode ser moi útil para eles no futuro.
2. Segue as recomendacións da administración e adáptaas ao teu contexto

O equipo directivo do centro debe estar ao tanto das recomendacións que, desde distintas institucións, se realizan conforme avanza a situación. Con todo, é importante ter en conta a xeneralidade de moitas directrices, que están pensadas para servir a toda a poboación e a múltiples sectores produtivos, o que nos obriga a ser nós os que concretemos determinadas normas e protocolos de actuación.


•Por exemplo: ningunha directiva da administración vai entrar no detalle de se é necesario ter xel desinfectante nos baños, en cada clase ou á entrada do centro. Ese nivel de decisión corresponde ao centro educativo.


3. Conta coa comunidade educativa

O poder da participación é especialmente útil en emerxencias. Para empezar unha boa comunicación, suficiente e adecuada, ofrece transparencia, reforza a percepción do centro como un lugar seguro e preocupado polo benestar de todos e incrementa a confianza da comunidade educativa, fortalecendo o clima escolar. Unha adecuada comunicación de crise contén a difusión de rumores e clarifica cales son as fontes de información confiables mentres dure a situación.
•Por exemplo: preparar protocolos de prevención en colaboración co alumnado ten interesantes beneficios sobre varias competencias académicas e ademais facilita o compromiso dos participantes no seguimento das normas consensuadas.

4. Pon freo á discriminación

A protección fronte ao bullying é unha responsabilidade ineludible do centro educativo. Se se detectan prexuízos e actitudes violentas contra determinados grupos é necesario abordalas educativamente canto antes. 


• Por exemplo: no caso do COVID-19 reclamouse publicamente maior protección nas escolas debido aos insultos e situacións desagradables que experimentaron algúns estudantes de orixe chinesa. Nun momento en que a propagación do virus é mundial é crucial incidir en que os virus non entenden de nacionalidades nin de cores de pel e que pensar o contrario é inxusto e ademais perigoso, porque nos impide abordar as vías reais de contaxios. 

5. Aproveita para mellorar

En todo o mundo, as situacións de emerxencia poden chegar a ter un impacto positivo e duradeiro na educación porque permiten detectar antigos problemas e melloralos de fronte ao futuro.
•    Por exemplo: algunhas escolas destruídas por desastres naturais foron reconstruídas con baños, que antes non tiñan. A actual crise pode servir para reforzar a hixiene en moitos dos nosos centros que, en demasiadas ocasións, mesmo carecen de xabón nos baños de alumno.

6. Solucións innovadoras

O século XXI é a era da educación a distancia. Mesmo no caso de que un centro educativo tivese que pechar as súas portas isto non ten por que significar un parón na educación do seu alumnado: pódense abordar, en colaboración coas familias, propostas de educación on-line que permitan continuar con gran parte das clases. Con todo, é necesario considerar algúns factores importantes á hora de planificalo xa que inflúen moitos aspectos, como a idade do alumnado, o nivel adquisitivo das familias ou a posibilidade de que parte do profesorado enferme e non poida dar clase.
•    Por exemplo: algúns docentes xa está a preparar parte do seu temario para poder impartir as clases a través de Face Time para aqueles alumnos e alumnas que poidan estar en corentena ou no caso de que se suspendan as clases.


7. Transmite calma

A escola é unha das institucións de referencia dunha comunidade e, ás veces, o día a día non nos permite darnos conta da gran influencia que o centro educativo ten na súa contorna. Nas situacións complicadas é onde máis se pon a proba esta capacidade de impacto. Transmitir mensaxes de calma, sen alarmismos, adaptando os datos dispoñibles á capacidade de comprensión do noso alumnado e facendo propostas nas que a comunidade educativa poida participar, é clave.


•    Por exemplo: algúns dos centros que se viron afectados por situacións de  bullying debido ao COVID-19 souberon actuar rápido e con transparencia, evitando que os problemas se estendesen. Outros centros afrontaron eficazmente os rumores que empezaban a dispersarse entre alumnado ou familias, logrando evitar situacións que podían levar ao pánico. 

Queres contarnos a túa experiencia?

Esta situación é nova para todos e compartir información pódenos axudar a prepararnos e planificar mellor. No voso centro emprendestes iniciativas que están a axudar a afrontar a situación?  Compárteo connosco en redes sociais (Twitter | Facebook | Instagram) o envíanos un correo a [email protected]. Interesanos moito coñecelas e compartilas con outros centros!

 

Educación e coronavirus

Educación para a saúde: caderno de actividades e recursos

Educación para a saúde: caderno de actividades e recursos

Propostas para promover hábitos saudables desde a escola e garantir o dereito á saúde de toda a comunidade educativa

Saúdos sen contacto

Saúdos sen contacto

O coronavirus está a cambiar moitas rutinas do noso día a día, pero que manteñamos a distancia física non significa que…

Coronavirus: Ao despacho do director!

Coronavirus: Ao despacho do director!

Da capacidade dos equipos directivos dos centros educativos para interpretar estes momentos incertos dependerá, en gran…

Cambios na convocatoria da 4ª edición de recoñecementos a centros referentes

Cambios na convocatoria da 4ª edición de recoñecementos a centros referentes

A convocatoria de recoñecementos correspondente ao curso 2019-2020 viuse tamén afectada pola pandemia da COVID-19 e o p…

Máscaras para ir a clase

Máscaras para ir a clase

A Asociación Española de Normalización (UNE) publicou para a fabricación de máscaras hixiénicas. Coñecer estas normas s…

2 meses de confinamento e de traballo pola educación

2 meses de confinamento e de traballo pola educación

COVID-19: Tempo de pensar en abrir os centros educativos

COVID-19: Tempo de pensar en abrir os centros educativos

O documento "Protexer a saúde nas aulas" analiza catro aspectos clave para a reapertura dos centros educativos: o funci…

Hoxe, se falamos de educación, falamos dos avós

Hoxe, se falamos de educación, falamos dos avós

Os avós, pola súa idade, son os grandes afectados polo COVID-19, e iso afecta á infancia polo lugar que ocupan na súa e…

Enquisa Covid-19

Como están afrontando os docentes a crise do COVID-19?

Preto de 400 docentes participaron nunha enquisa de UNICEF España para coñecer a resposta da comunidade educativa fron…

Coronavirus COVID-19: Saír á rúa con nenos

Saímos de casa en familia… E agora que?

Os nenos e nenas menores de 14 anos poderán saír da casa desde o 27 de abril, con algunhas limitacións. Isto traslada u…

A fenda dixital aumenta a fenda educativa

A fenda dixital impacta na educación

Non todos os estudantes poden acceder a Internet para seguir o curso escolar nin todos os que acceden fano en igualdad…

COVID-19: Facer fronte a unha emerxencia educativa

COVID-19: Facer fronte a unha emerxencia educativa

A nosa experiencia en emerxencias en todo o mundo dinos que, xunto ás medidas para resolver o curso escolar en vigor, h…

Todo va a salir bien

#educaCOVID19

O COVID-19 está a ter un impacto moi importante no dereito á educación de millóns de estudantes, nos docentes e centros educativos e nas familias. Requírense solucións innovadoras, recursos e tempo, pero tamén paciencia e boa vontade. Xuntos podemos superar este focho educativo e convertelo nunha aprendizaxe. Fagamos que todo saia ben!

Descobre máis

Doa e contribúe a que todo saia ben

Elixe agora a túa aportación para axudarnos a subministrar material sanitario contra o coronavirus.

¿Sabes que puedes recuperar hasta un 80% de tus donaciones? Más info

Si prefieres, contacta con nosotros en el 900 907 500 de lunes a viernes de 9:00h a 21:00h y sábados de 11:00h a 17:00h | [email protected]

 

Celebra o Día Mundial do Lavado de Mans! 

O Día Mundial do Lavado de Mans celébrase en todo o mundo o 15 de outubro, para lembrar a importancia dun xesto tan sinxelo como lavarse as mans con auga e xabón para a saúde. Coñece as actividades e recursos que preparamos para este día: pódense desenvolver tanto na aula como nas clases on-line. Podemos adaptar estas actividades para que forme parte da campaña do noso centro educativo a favor de #GotasUNICEF

COÑECE MÁIS