2 meses de confinamento e de traballo pola educación

Aínda que a vida continúa a pesares da expansión da enfermidade, a situación non  é a mesma que a principios de marzo 
Imagen: Markus Spiske | Unsplash

Xa pasaron dous meses desde o establecemento do Estado de Alarma en España. A emerxencia provocada polo COVID-19 derivou nunha emerxencia educativa sen precedentes no mundo.

O estado de alarma en España comezou o 14 de marzo, supoñendo o peche de todos os centros educativos de todos os niveis en todo o territorio. Esta medida supuxo que os 8.237.006 estudantes de ensinanzas non universitarias tiveran que continuar coa súa aprendizaxe desde os seus fogares, poñendo a proba a capacidade de resposta do sistema educativo, das familias e dos propios nenos, nenas e adolescentes.

Aínda que os centros pecharan, a educación non se detivo. Tampouco UNICEF España: demos unha resposta integral e un acompañamento constante á comunidade educativa defendendo os dereitos da infancia e a cidadanía global.

Durante este tempo de confinamento seguimos en contacto cos centros referentes en educación en dereitos da infancia e a cidadanía global e as escolas colaboradoras a través de diferentes propostas, medidas e iniciativas nos diferentes niveis (administración, profesorado, familias e alumnado), entre elas e a modo de resumo, as seguintes:

Administración

A nosa experiencia de traballo en todo o mundo permítenos ofrecer medidas para resolver o curso escolar 2019-2020 e planificar sen demora as accións que permitan asegurar o dereito á educación a medio prazo, protexendo ademais o dereito á saúde da comunidade educativa.


Para iso, trasladamos ás autoridades educativas unha serie de recomendacións que se poden consultar nos documentos:
 

Profesorado

Durante estas semanas de confinamento estivemos en contacto co persoal docente de moitos centros educativos, coñecendo o seu excelente traballo e dedicación. Co propósito de coñecer a situación do sistema educativo durante o confinamento, desde UNICEF España lanzamos unha enquisa que responderon 390 docentes

Aínda que esta enquisa non é representativa da comunidade educativa española, tampouco era o seu propósito, si nos permitiu extraer algunhas conclusións a través das cales orientar recursos, políticas e accións determinadas.


Ademais, estivemos moi activos nas nosas redes sociais e no noso blog, compartindo materiais, ideas e propostas durante estes 55 días. Falamos da fenda dixital, dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e do día da Terra, entre outros temas.
 

Participación infantil e adolescente

O confinamento permitiu visualizar o talento de moitos nenos, nenas e adolescentes, a través da participación infantil e adolescente, permitiunos coñecer receitas de cociña, adestramentos deportivos, trucos de maxia ou novos peiteados, entre outras cousas. A través dos 22 capítulos de Clip Club TV de UNICEF e Alcántara Family Foundation fomos testemuñas deste talento. 

Familias

A maioría dos nenos, nenas e adolescentes pasaron o confinamento nos seus fogares coa familia. Para facer máis levadeira esta situación, desde o principio do confinamento propuxemos dez tarefas de rutina diaria no fogar que involucran a toda a familia. Tamén abordamos a saída dos nenos para pasear e o rol dos avós e avoas  na nosa sociedade, xa que xogan un papel importantísimo no desenvolvemento emocional e educativo dos nenos, nenas e adolescentes.adolescentes

A vida cotiá

Aínda que a vida continúa a pesares da expansión da enfermidade, a situación non é a mesma que a principios de marzo. Por iso, desde UNICEF seguiremos impulsando a educación en dereitos da infancia e a cidadanía global, desenvolvendo novas medidas e accións durante as diferentes fases da emerxencia educativa do CoVID-19. Para conseguilo, pedímosche que, se podes, colabores con nós.

Todo va a salir bien

#educaCOVID19

O COVID-19 está a ter un impacto moi importante no dereito á educación de millóns de estudantes, nos docentes e centros educativos e nas familias. Requírense solucións innovadoras, recursos e tempo, pero tamén paciencia e boa vontade. Xuntos podemos superar este focho educativo e convertelo nunha aprendizaxe. Fagamos que todo saia ben!

Descobre máis

Doa e contribúe a que todo saia ben

Elixe agora a túa aportación para axudarnos a subministrar material sanitario contra o coronavirus.

¿Sabes que puedes recuperar hasta un 80% de tus donaciones? Más info

Desgravación fiscal

Deducción y desgravación de donaciones a UNICEF

Calcula cuánto te puedes desgravar.

Si has decidido hacerte socio o realizar un donativo puntual a UNICEF España te informamos que puedes desgravarte estas donaciones de tu declaración de la renta.

Éstas son las deducciones aplicables a las donaciones que se realicen a partir del 1 de enero de 2024 a favor de UNICEF España, con la entrada en vigor del Real Decreto-ley 6/2023, de 19 de diciembre, que modifica la Ley 49/2002, de 23 de diciembre, de régimen fiscal de las entidades sin fines lucrativos y de los incentivos fiscales al mecenazgo.

*Cuando durante 3 años se realicen donaciones a una misma entidad por importe igual o superior al del ejercicio anterior.
Personas Físicas (IRPF)Porcentaje de deducción
Primeros 250€80%
Resto a partir de 250€ 40%
Resto a partir de 250€ en Donaciones plurianuales* 45%
Límite deducción base liquidable10%
*Cuando durante 3 años se realicen donaciones a una misma entidad por importe igual o superior al del ejercicio anterior.
**Las cantidades que excedan de este límite se podrán aplicar en los períodos impositivos que concluyan en los 10 años inmediatos y sucesivos.
Personas Jurídicas (IS)Porcentaje de deducción
Donaciones en general40%
Donaciones plurianuales*50%
Límite deducción base imponible**15%
  • Si resides en País Vasco o Navarra las deducciones aplicables pueden ser diferentes.
  • Si eres persona física o jurídica no residente en España y obtienes rentas en nuestro país, tienes también un beneficio fiscal por el importe de tus donativos. Puedes consultarlo en https://sede.agenciatributaria.gob.es/
¿Cómo hago para que mis donaciones a UNICEF aparezcan automáticamente en el borrador de la Renta?

Recuerda que para que podamos informar a la Agencia Tributaria del importe de tus cuotas y donativos es imprescindible que nos hayas facilitado tu NIF y domicilio.

Por favor, si aún no lo has hecho, facilítanos estos datos:

Si quieres ampliar la información sobre estos beneficios fiscales, por favor, consulta la web de la Agencia Tributaria: https://sede.agenciatributaria.gob.es/

 

Si prefieres, contacta con nosotros en el 900 907 500 de lunes a viernes de 9:00h a 21:00h y sábados de 11:00h a 17:00h | [email protected]