Educación para a saúde: caderno de actividades e recursos
Propostas para promover hábitos saudables desde a escola e garantir o dereito á saúde de toda a comunidade educativa

A educación é clave para lograr o dereito á saúde de toda a infancia, tanto nos países máis pobres como nos máis ricos. Sen o coñecemento necesario para protexer a nosa saúde, as persoas estamos indefensas fronte aos riscos que nos rodean, sen importar a nosa idade, a nosa riqueza nin a nosa condición.
Nesta guía presentamos algunhas das propostas que desenvolveremos este curso para poder fortalecer o dereito á saúde desde a escola e para contribuír desde as aulas a un mundo onde o acceso á saúde, á hixiene ao desenvolvemento e a un medio ambiente saudable é unha realidade para todos. Ao longo do curso veranse ampliadas na web. Non as perdas!
Conceptos clave: dereitos dos nenos, dereito á educación, dereito á saúde, educación para a saúde, hábitos saudables, COVID-19, centros educativos
Dirixido a: profesores de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional, equipos directivos de centros educativos, técnicos municipais de infancia, familias.
Dispoñible en PDF en: GAL | CAS
Data de publicación: setembro de 2020
Edita: UNICEF España

#educaCOVID19
O COVID-19 está a ter un impacto moi importante no dereito á educación de millóns de estudantes, nos docentes e centros educativos e nas familias. Requírense solucións innovadoras, recursos e tempo, pero tamén paciencia e boa vontade. Xuntos podemos superar este focho educativo e convertelo nunha aprendizaxe. Fagamos que todo saia ben!
Educar na saúde
Este novo curso pode ser unha oportunidade para reflexionar e mellorar algunhas cousas que pasamos por alto no noso día a día. Se queres coñecer máis ideas e propostas sobre saúde, educación e COVID-19, podes atopalas na nosa guía de materiais e actividades "Educar en saúde".
SABER MÁIS