Coronavirus: Ao despacho do director!

 

Da capacidade dos equipos directivos dos centros educativos para interpretar estes momentos incertos dependerá, en gran medida, o bo regreso ás aulas. É moita responsabilidade e non é tarefa sinxela.

 

Atención: colegio

 

13/05/2020 - Nacho Guadix

Nestes días nos que debatemos sobre a reapertura dos centros educativos deberiamos ir visualizando como se vai a producir, ao menos como exercicio intelectual que nos permita ir conectando coa realidade que pouco se parecerá á que deixamos nos primeiros días de marzo.

Un dos piares básicos no funcionamento dun centro educativo é a calidade das interaccións entre os distintos membros da comunidade educativa, o que redunda nun clima escolar de convivencia e cooperación. Así considerámolo desde o enfoque de dereitos de infancia. Unha gran parte do éxito neste obxectivo recae na capacidade de liderado do equipo directivo do centro. Neste momento, gustaríame que nos centrásemos no papel que van a xogar. Sen considerar as cuestións persoais desta pandemia que lles puideran afectar ou o esgotados que cheguen polo convulso do camiño percorrido, sendo isto tremendamente inxusto, vanse atopar na necesidade de manexarse na incerteza e o conflito.

O equipo directivo (dirección, xefatura de estudos e secretaría) exerce de correa de transmisión da enerxía entre, por un lado, a administración educativa e, por outro, o persoal do centro (docente e de administración e servizos), o alumnado e as súas familias. Da súa capacidade de interpretar o momento e canalizar esa enerxía dependerá, en gran medida, o bo regreso ás aulas. É moita responsabilidade e non é tarefa sinxela, vaia por diante.

Recibirán unha serie de instrucións que o máis normal é que lles xeren dúbidas, como nos vén a ocorrer a todos coas instrucións da desescalada, que nunca virán con todos os recursos necesarios, como adoita ser habitual, e cunha gran carga de esixencia pola talla da misión, velar polo dereito á educación e facer unha xestión exemplar.

Ao levantar a mirada encontraranse un claustro expectante, cun anecdotario cheo de dificultades tras dous meses de ensinanza non presencial sobrevida e preocupados pola súa saúde e a dos alumnos. Tamén coas familias, que se ven presionadas pola necesidade de acudir aos seus traballos e por buscar o mellor para o benestar dos seus fillos. E finalmente, cos alumnos e alumnas que se debaterán entre a excitación do reencontro cos seus compañeiros e as novas rutinas e, por outro lado, a desmotivación de parte do alumnado, que transita polo sistema educativo sen ver as bondades que debería ter.

Da capacidade do equipo directivo de sumar vontades á hora de protexer o dereito á saúde para garantir o dereito á educación dependerá o lonxe que podamos chegar nesta cuestión. O centro deberá calibrar as súas posibilidades de asumir presencialidade, na medida que poida garantir a saúde de todos os seus membros. Para iso deberá recorrer a un liderado participativo no que a comunidade xogará un papel relevante. Deberá ser capaz de reclamar o que sexa oportuno ante a administración se considera que non dispón do necesario para este labor. Tamén deberá encontrar recursos na comunidade educativa que anteriormente poderiamos non considerar. Canalizar o sentimento de solidariedade que se abriu camiño estes días é un tesouro que debemos ser capaces de avivar.

Nesta labor queremos facer especial fincapé nuns aliados fundamentais: os alumnos. A participación infantil é un dereito da infancia que non adoitamos atender como se merece nos centros educativos. Non so é necesario que realicemos unha profunda formación en hábitos hixiénicos, que precisan da súa parte teórica e da súa parte práctica. Deberemos desenvolver unha campaña dirixida especificamente á infancia e adolescencia durante a emerxencia do COVID-19 que promova a participación infantil dentro e fora do centro educativo. O desenvolvemento de pautas de auto-protección sólidas faranos gañar tempo que necesitamos para o resto de tarefas.

Nesta pandemia queremos frear o virus, non a educación. Desde UNICEF España fixemos chegar ás autoridades educativas unha serie de propostas ante a emerxencia educativa que provoca o COVID-19. Os centros educativos deben estar sempre abertos, sexa presencial ou virtualmente, para atender ao dereito á educación que teñen nenos e nenas. Esa razón pola que quixemos ser educadores. Esa razón que rapidamente nos fai sacar forzas de fraqueza, atopar compañeiros e aliados no camiño e enfrontar as adversidades, nesta ocasión en forma de coronavirus. É un inimigo o suficientemente poderoso para que non baste con envialo ao despacho do director ou a directora para que se amedrente.  Non os deixaremos sós.

Nacho Guadix

Responsable de Educación en Dereitos e Campañas en UNICEF España

@GuadixNacho

Todo va a salir bien

#educaCOVID19

O COVID-19 está a ter un impacto moi importante no dereito á educación de millóns de estudantes, nos docentes e centros educativos e nas familias. Requírense solucións innovadoras, recursos e tempo, pero tamén paciencia e boa vontade. Xuntos podemos superar este focho educativo e convertelo nunha aprendizaxe. Fagamos que todo saia ben!

Descobre máis

Educación e coronavirus

Educación para a saúde: caderno de actividades e recursos

Educación para a saúde: caderno de actividades e recursos

Propostas para promover hábitos saudables desde a escola e garantir o dereito á saúde de toda a comunidade educativa

Saúdos sen contacto

Saúdos sen contacto

O coronavirus está a cambiar moitas rutinas do noso día a día, pero que manteñamos a distancia física non significa que…

Cambios na convocatoria da 4ª edición de recoñecementos a centros referentes

Cambios na convocatoria da 4ª edición de recoñecementos a centros referentes

A convocatoria de recoñecementos correspondente ao curso 2019-2020 viuse tamén afectada pola pandemia da COVID-19 e o p…

Máscaras para ir a clase

Máscaras para ir a clase

A Asociación Española de Normalización (UNE) publicou para a fabricación de máscaras hixiénicas. Coñecer estas normas s…

2 meses de confinamento e de traballo pola educación

2 meses de confinamento e de traballo pola educación

COVID-19: Tempo de pensar en abrir os centros educativos

COVID-19: Tempo de pensar en abrir os centros educativos

O documento "Protexer a saúde nas aulas" analiza catro aspectos clave para a reapertura dos centros educativos: o funci…

Hoxe, se falamos de educación, falamos dos avós

Hoxe, se falamos de educación, falamos dos avós

Os avós, pola súa idade, son os grandes afectados polo COVID-19, e iso afecta á infancia polo lugar que ocupan na súa e…

Enquisa Covid-19

Como están afrontando os docentes a crise do COVID-19?

Preto de 400 docentes participaron nunha enquisa de UNICEF España para coñecer a resposta da comunidade educativa fron…

Coronavirus COVID-19: Saír á rúa con nenos

Saímos de casa en familia… E agora que?

Os nenos e nenas menores de 14 anos poderán saír da casa desde o 27 de abril, con algunhas limitacións. Isto traslada u…

A fenda dixital aumenta a fenda educativa

A fenda dixital impacta na educación

Non todos os estudantes poden acceder a Internet para seguir o curso escolar nin todos os que acceden fano en igualdad…

COVID-19: Facer fronte a unha emerxencia educativa

COVID-19: Facer fronte a unha emerxencia educativa

A nosa experiencia en emerxencias en todo o mundo dinos que, xunto ás medidas para resolver o curso escolar en vigor, h…

En illamento, a conciliación é cousa de todos

En illamento, a conciliación é cousa de todos

A situación actual de confinamento pola pandemia do coronavirus, obríganos a adaptarnos a un novo escenario

Doa e contribúe a que todo saia ben

Elixe agora a túa aportación para axudarnos a subministrar material sanitario contra o coronavirus.

¿Sabes que puedes recuperar hasta un 80% de tus donaciones? Más info

Desgravación fiscal

Deducción y desgravación de donaciones a UNICEF

Calcula cuánto te puedes desgravar.

Si has decidido hacerte socio o realizar un donativo puntual a UNICEF España te informamos que puedes desgravarte estas donaciones de tu declaración de la renta.

Éstas son las deducciones aplicables a las donaciones que se realicen a partir del 1 de enero de 2024 a favor de UNICEF España, con la entrada en vigor del Real Decreto-ley 6/2023, de 19 de diciembre, que modifica la Ley 49/2002, de 23 de diciembre, de régimen fiscal de las entidades sin fines lucrativos y de los incentivos fiscales al mecenazgo.

*Cuando durante 3 años se realicen donaciones a una misma entidad por importe igual o superior al del ejercicio anterior.
Personas Físicas (IRPF)Porcentaje de deducción
Primeros 250€80%
Resto a partir de 250€ 40%
Resto a partir de 250€ en Donaciones plurianuales* 45%
Límite deducción base liquidable10%
*Cuando durante 3 años se realicen donaciones a una misma entidad por importe igual o superior al del ejercicio anterior.
**Las cantidades que excedan de este límite se podrán aplicar en los períodos impositivos que concluyan en los 10 años inmediatos y sucesivos.
Personas Jurídicas (IS)Porcentaje de deducción
Donaciones en general40%
Donaciones plurianuales*50%
Límite deducción base imponible**15%
  • Si resides en País Vasco o Navarra las deducciones aplicables pueden ser diferentes.
  • Si eres persona física o jurídica no residente en España y obtienes rentas en nuestro país, tienes también un beneficio fiscal por el importe de tus donativos. Puedes consultarlo en https://sede.agenciatributaria.gob.es/
¿Cómo hago para que mis donaciones a UNICEF aparezcan automáticamente en el borrador de la Renta?

Recuerda que para que podamos informar a la Agencia Tributaria del importe de tus cuotas y donativos es imprescindible que nos hayas facilitado tu NIF y domicilio.

Por favor, si aún no lo has hecho, facilítanos estos datos:

Si quieres ampliar la información sobre estos beneficios fiscales, por favor, consulta la web de la Agencia Tributaria: https://sede.agenciatributaria.gob.es/

 

Si prefieres, contacta con nosotros en el 900 907 500 de lunes a viernes de 9:00h a 21:00h y sábados de 11:00h a 17:00h | [email protected]