Como explico unha epidemia aos máis pequenos?

Os medios de comunicación e a alarma social as veces precipitan o traballo de familias e educadores obrigándonos a explicar cousas das que nunca creimos que necesitaríamos ter que falar cos máis pequenos. Non é o fin do mundo: só hai que ter moi claras as prioridades
¿Cómo explico una epidemia a los más pequeños? - Dibujo infantil de un monstruo - CC by-nc-nd 2.0/Mr. Evil Cheese Scientist - Flickr

 

"O coronavirus é un bicho pequeniño con coroa?"

Desde fai unhas semanas parece que non se fala doutra cousa que non sexa o COVID-19 (“o coronavirus”): nos medios, nas rúas, nas familias, nos centros educativos e ata nas aulas de educación infantil. Non parece o tema máis axeitado para falar na asamblea de infantil, pero ás veces os nenos e nenas son quen o propón porque están nerviosos pola expectación que notan ao seu redor e expresarse. Como podemos afrontar esta situación desde un punto de vista educativo? Se xa coñeces as nosas propostas de educación en dereitos de infancia, quizais xa imaxines cómo: enfocando o tema de maneira que protexamos os dereitos dos nenos e nenas dos que somos responsables. Neste este caso, especialmente os seus dereitos á protección e á saúde.

Protexer as súas emocións

Os nenos e nenas moi pequenos aínda non adquiriron a madurez suficiente para poder entender algúns aspectos biolóxicos, sociais e económicos das enfermidades. Habitualmente, cando falamos con eles sobre os problemas de saúde empregamos eufemismos como chamar a virus e bacterias “ bichitos invisibles”, referirnos á enfermidade como “ pupa” ou dicir que a xente enferma “está malita”. Estas imprecisións non contribúen á súa formación científica (para a que aínda haberá tempo) pero contribúen a outro aspecto moi importante da educación nesta etapa: protexer o seu benestar emocional.

A prioridade nesta etapa debe ser, precisamente, protexer a nenos e nenas de toda aquela información que aínda non poden procesar e que lles pode levar a desenvolver ansiedade e medos debido á incertidumbre. Neste sentido convén:

  • Evitar que vexan ou escoiten noticias e reportaxes cun enfoque sensacionalista ou morboso da situación.
  • Evitar que se expoñan moito tempo a noticias sobre o problema, aínda que o tratamento sexa adecuado: o tempo que dedicamos a un tema tamén pode transmitir inquietude, aínda que o ton non sexa alarmista. 
  • Evitar involucralos en conversacións de adultos sobre a situación, especialmente se son acaloradas ou inclúen bromas e dobres sentidos: aínda que non esteamos a falar con eles, saben do que falamos e sacan as súas propias conclusións.
  • Dedicar tempo a resolver as súas dúbidas e inquietudes, nunha linguaxe adaptada á súa capacidade de comprensión, pero non enganoso. Se sentes que che faltan recursos para transmitir información, podes recorrer a algúns dos contos que se editan cada ano sobre saúde e enfermidades, xa que permiten aos nenos e nenas procesar o impacto emocional a través da imaxinación. Na túa biblioteca ou librería máis próxima poderán recomendarche algúns títulos interesantes.

Protexer a súa saúde

Neste momento do desenvolvemento é tamén moi importante sentar as bases das competencias de autoprotección que lles permitirán ser responsables sobre a súa saúde e a doutras persoas ao longo da súa vida. Non é necesario un tratamento exhaustivo das causas e efectos das enfermidades para empezar a incidir educativamente en condutas de protección que si están ao alcance de nenos e nenas desde idades moi temperás e que ademais lles permiten desenvolver o seu sentido de autoeficacia e a súa seguridade en si mesmos:

  • O lavado de mans con auga e xabón: non só aprender a lavarse ben as mans, senón adquirir o hábito e ser capaces de demandar e promover esta necesidade en diferentes contextos (por exemplo: lembrarllo a outros nenos, acordarse nun restaurante…)
  • Recoñecer as circunstancias cotiás nas que estamos en contacto con sucidade e ser capaces de tomar precaucións. Por exemplo: manexo de terra, contacto con animais domésticos, precaucións fronte a lixo e feces…
  • Aprender e interiorizar aquelas medidas hixiénicas que protexen aos demais, por exemplo: o uso de panos e servilletas, aprender a soarse e a limparse, evitar compartir cubertos e vasos…
  • Adquirir respecto pola contorna: pequenas contribucións á hixiene doméstica e escolar, adquirir o hábito de tirar os refugallos ao lixo, coñecer a importancia da limpeza da contorna, da roupa, da vaixela…

Previr a violencia

A esta idade aínda non temos a capacidade de reflexión necesaria para facer unha análise crítico das informacións erróneas, malintencionadas ou prejuiciosas. Non podemos evitar que os nenos e nenas entren en contacto con determinadas opinións, pero temos que prestar especial atención porque mesmo o que un neno ou nena un pouco máis maior podería entender como un chiste pode ser tomado literalmente polos máis pequenos.

Neste sentido é moi importante dedicar un tempo extra a detectar os malentendidos que poden estar afectando á súa percepción da saúde e a enfermidade porque poden sentar as bases de estereotipos e prexuizos duraderos. Por exemplo:

- “O meu veciño é un coronavirus”.
- “Se a túa avoa tuse  tu abuela tose vai morrer”.
- “Hai que afastarse dos vellos”.
- “Os pobres contaxian enfermidades”.

Ás veces, por máis que nos esforcemos en tratar adecuadamente e con sensibilidade estes temas na aula ou en familia, non podemos evitar que as conversacións entre nenos e nenas convértanse nun “teléfono escacharrado”. A pesar de que é comprensible e que, en idades moi temperás non hai realmente malicia nos comentarios, é moi necesario reconducir as percepcións erróneas que poidan estarse formando sobre determinadas persoas ou colectivos, para evitar que, co tempo, convértanse en algo máis grave.

Recorda: o exemplo vale máis que as palabras

A calquera idade, pero moi especialmente cos máis pequenos, de pouco vale ensinar a lavarse as mans se non nos ven a nós facelo a miúdo. Tampouco terá moito efecto o que lles digamos sobre estar tranquilos se perciben o noso nerviosismo ou que lles rifemos por chamar "coronavirus" a alguén se logo óennos a nós facer chistes que non saben interpretar. Nunha etapa do desenvolvemento na que as habilidades lingüísticas aínda non están plenamente desenvolvidas gran parte da aprendizaxe realízase por imitación e ten un alto compoñente emocional. A educación dos máis pequenos é un esforzo que nos pode obrigar a empregar todos os sentidos.

 
Resumo de competencias para esta etapa educativa

Todas as recomendacións anteriores refírense a nenos e nenas de Educación Infantil (ata os 6 anos, aproximadamente, dependendo do grao de madurez). Noutras idades deberemos ter outros enfoques máis adecuados ao seu nivel de competencia e que lles permitan aprender e desenvolverse acorde á súa idade.

Aprendizaxes sobre prevención de enfermidades en Educación Infantil

CoñecementosActitudesCompetencias

Coñecementos: 

  • Todas as persoas podemos enfermarnos, é algo natural que tamén lle ocorre a outros seres vivos.
  • Moitas enfermidades poden previrse se nos alimentamos ben, domimos o suficiente e facemos exercicio.
  • Non todas as enfermidades se contaxian. Os hábitos de hixiene (como lavarse as mans) son moi importantes para previr as enfermidades contaxiosas.
  • Algunhas enfermidades son máis frecuentes en algunhas épocas do ano e outras son máis frecuentes en nenos ou en persoas maiores.
  • As persoas non teñen a culpa de poñerse enfermas. Cando alguén está enfermo necesita coidados e comprensión.
  • Interese pola saúde e os hábitos saudables.
  • Empatía cara as persoas que hacia las personas que se puxeron enfermas.
  • Respecto polas normas de hixiene e de prevención.
  • Capacidade para practicar medidas de hixiene axeitadas á súa idade, para pedilas e para recordarllas a outros.
  • Disposición a preguntar á súa familia ou educadores as dúbidas que poida ter sobre saúde e enfermidades.
  • Capacidade para distinguir entre condutas saudables e non saudables na súa contorna próxima.
  • Vontade de axudar a outras persoas que estean enfermas, en función das súas posibilidades.
 
Participa na conversa

Trataches este tema con nenos e nenas pequenos e tes exemplos de éxito que poidan axudar a outros educadores e ás súas familias? Compárteos con nós en redes sociais (Twitter | Facebook | Instagram) ou envíanos un correo a [email protected] Interesaranos moito coñecelos!

 

Todo va a salir bien

#educaCOVID19

O COVID-19 está a ter un impacto moi importante no dereito á educación de millóns de estudantes, nos docentes e centros educativos e nas familias. Requírense solucións innovadoras, recursos e tempo, pero tamén paciencia e boa vontade. Xuntos podemos superar este focho educativo e convertelo nunha aprendizaxe. Fagamos que todo saia ben!

Descobre máis

Educación e coronavirus

Educación para a saúde: caderno de actividades e recursos

Educación para a saúde: caderno de actividades e recursos

Propostas para promover hábitos saudables desde a escola e garantir o dereito á saúde de toda a comunidade educativa

Saúdos sen contacto

Saúdos sen contacto

O coronavirus está a cambiar moitas rutinas do noso día a día, pero que manteñamos a distancia física non significa que…

Coronavirus: Ao despacho do director!

Coronavirus: Ao despacho do director!

Da capacidade dos equipos directivos dos centros educativos para interpretar estes momentos incertos dependerá, en gran…

Cambios na convocatoria da 4ª edición de recoñecementos a centros referentes

Cambios na convocatoria da 4ª edición de recoñecementos a centros referentes

A convocatoria de recoñecementos correspondente ao curso 2019-2020 viuse tamén afectada pola pandemia da COVID-19 e o p…

Máscaras para ir a clase

Máscaras para ir a clase

A Asociación Española de Normalización (UNE) publicou para a fabricación de máscaras hixiénicas. Coñecer estas normas s…

2 meses de confinamento e de traballo pola educación

2 meses de confinamento e de traballo pola educación

COVID-19: Tempo de pensar en abrir os centros educativos

COVID-19: Tempo de pensar en abrir os centros educativos

O documento "Protexer a saúde nas aulas" analiza catro aspectos clave para a reapertura dos centros educativos: o funci…

Hoxe, se falamos de educación, falamos dos avós

Hoxe, se falamos de educación, falamos dos avós

Os avós, pola súa idade, son os grandes afectados polo COVID-19, e iso afecta á infancia polo lugar que ocupan na súa e…

Enquisa Covid-19

Como están afrontando os docentes a crise do COVID-19?

Preto de 400 docentes participaron nunha enquisa de UNICEF España para coñecer a resposta da comunidade educativa fron…

Coronavirus COVID-19: Saír á rúa con nenos

Saímos de casa en familia… E agora que?

Os nenos e nenas menores de 14 anos poderán saír da casa desde o 27 de abril, con algunhas limitacións. Isto traslada u…

A fenda dixital aumenta a fenda educativa

A fenda dixital impacta na educación

Non todos os estudantes poden acceder a Internet para seguir o curso escolar nin todos os que acceden fano en igualdad…

COVID-19: Facer fronte a unha emerxencia educativa

COVID-19: Facer fronte a unha emerxencia educativa

A nosa experiencia en emerxencias en todo o mundo dinos que, xunto ás medidas para resolver o curso escolar en vigor, h…

Doa e contribúe a que todo saia ben

Elixe agora a túa aportación para axudarnos a subministrar material sanitario contra o coronavirus.

¿Sabes que puedes recuperar hasta un 80% de tus donaciones? Más info

Desgravación fiscal

Deducción y desgravación de donaciones a UNICEF

Calcula cuánto te puedes desgravar.

Si has decidido hacerte socio o realizar un donativo puntual a UNICEF España te informamos que puedes desgravarte estas donaciones de tu declaración de la renta.

Éstas son las deducciones aplicables a las donaciones que se realicen a partir del 1 de enero de 2024 a favor de UNICEF España, con la entrada en vigor del Real Decreto-ley 6/2023, de 19 de diciembre, que modifica la Ley 49/2002, de 23 de diciembre, de régimen fiscal de las entidades sin fines lucrativos y de los incentivos fiscales al mecenazgo.

*Cuando durante 3 años se realicen donaciones a una misma entidad por importe igual o superior al del ejercicio anterior.
Personas Físicas (IRPF)Porcentaje de deducción
Primeros 250€80%
Resto a partir de 250€ 40%
Resto a partir de 250€ en Donaciones plurianuales* 45%
Límite deducción base liquidable10%
*Cuando durante 3 años se realicen donaciones a una misma entidad por importe igual o superior al del ejercicio anterior.
**Las cantidades que excedan de este límite se podrán aplicar en los períodos impositivos que concluyan en los 10 años inmediatos y sucesivos.
Personas Jurídicas (IS)Porcentaje de deducción
Donaciones en general40%
Donaciones plurianuales*50%
Límite deducción base imponible**15%
  • Si resides en País Vasco o Navarra las deducciones aplicables pueden ser diferentes.
  • Si eres persona física o jurídica no residente en España y obtienes rentas en nuestro país, tienes también un beneficio fiscal por el importe de tus donativos. Puedes consultarlo en https://sede.agenciatributaria.gob.es/
¿Cómo hago para que mis donaciones a UNICEF aparezcan automáticamente en el borrador de la Renta?

Recuerda que para que podamos informar a la Agencia Tributaria del importe de tus cuotas y donativos es imprescindible que nos hayas facilitado tu NIF y domicilio.

Por favor, si aún no lo has hecho, facilítanos estos datos:

Si quieres ampliar la información sobre estos beneficios fiscales, por favor, consulta la web de la Agencia Tributaria: https://sede.agenciatributaria.gob.es/

 

Donar por transferencia bancaria:
BBVA ES57 0182 2370 40 0018570209
BANCO SANTANDER ES39 0049 1804 10 2110288225
CAIXABANK ES69 2100 5731 77 0200004894

Donar por teléfono: 900 907 500 de lunes a viernes de 9h a 21h y sábados de 11h a 17h