Somos apaixonados
En UNICEF traballamos para que todos os nenos do mundo poidan gozar de ser nenos sen preocuparse de nada máis. En máis de 190 países, defendemos os dereitos da infancia por riba de todo, con paixón, dedicación e rigor.
Somos o que facemos
Saúde
Que todos os nenos medren sans para gozar de todos os seus dereitos
Educación
Que todos os nenos poidan estudar para mellorar o seu futuro
Protección
Que ningún neno sufra ningún tipo de abuso ou explotación
Somos globais, somos locais
Traballadores, voluntarios, socios e doantes contribuímos, desde o Comité Español de UNICEF, ao traballo da organización en todo o mundo.
Queremos mellorar a vida dos nenos e das nenas fóra e dentro das nosas fronteiras, onde tamén traballamos para que se cumpran todos os seus dereitos.
Sostennos e dános pulo a solidariedade da sociedade española coa causa da infancia e estamos convencidos de que, todos xuntos, temos a forza necesaria para cambiar a vida de miles, millóns de nenos.
Somos Historia

1946 chegamos ao mundo
Nacemos no ano 1946 para axudar aos nenos de Europa afectados pola Segunda Guerra Mundial.
Nada máis chegar ao mundo, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas pediunos que protexeramos aos nenos e os seus dereitos por riba de todo.

Nos anos 50-60 chegamos a España
Nos anos 50 chegamos a España para apoiar aos nenos que estaban a pasar por unha época moi difícil trala Guerra Civil.
A principios dos 60 creamos o Comité Español de UNICEF e comezamos a axudar desde o noso país aos nenos de todo o mundo.

Nos anos 70-90 Multiplicamos a axuda
Medramos e multiplicámonos. Cada vez máis persoas súmanse á nosa causa. Nos 80, máis de 100.000 socios acompañáronnos na defensa dos dereitos dos nenos. Grazas a eles, puidemos multiplicar a axuda en emerxencias tan graves como a fame en Etiopía ou o conflito de Ruanda.

Ata hoxe, e sen descanso!
Na actualidade, máis de 360.000 socios, ademais de todos os doantes e entidades que nos apoian en España, fan posible o noso labor en todo o mundo. E podemos asegurarvos que ... non descansaremos ata que todos os nenos gocen de todos os seus dereitos en calquera parte do mundo!
Somos a nosa misión
Por que seguen a morrer 15.000 nenos cada día por causas evitables? Por que segue a haber grupos armados que empregan nenos con fins militares? Por que millóns de nenos en Siria non poden ir á escola?
Seguro que moitas veces fixeches este tipo de preguntas. Desgraciadamente, e a pesar de que se conseguiron moitos avances, o mundo segue a ser un lugar inxusto e perigoso para moitos nenos.
Por todo isto, en UNICEF temos unha misión moi clara: conseguir que os máis de 7.000 millóns de habitantes do planeta coñezan e defendan os dereitos da infancia en todo momento e en todo lugar.
Porque só así conseguiremos cambios reais e duradeiros na vida dos nenos e das nenas.
Somos equipo
Todas as persoas que traballamos en UNICEF temos algo en común: apaixónanos o noso traballo. O sorriso e o benestar dos nenos é o que nos mantén unidos e nos dá pulo cada día.
Estamos nas 17 comunidades autónomas para estar máis preto dos nenos e das persoas que nos apoiades e tamén formades parte do noso grande equipo.