Avance de actividades para o curso 2012-2013

A auga lévanos á escola: Gotas polo dereito á educación

Xa estamos a preparar os materiais que se enviarán aos centros enredados a principios do próximo curso. Nesta ocasión, a proposta didáctica estará centrada na relación que existe entre a auga e as escolas, enfocando o problema dende diversas perspectivas educativas (ciencia, historia, solidariedade...):

  • Que relación hai entre o dereito á educación e o dereito á saúde?
  • Como é a xornada escolar de alguén que non dispón de auga potable?
  • Que pasa cando unha escola non ten baños? É moi frecuente que isto aconteza?
  • Como inflúen as instalacións da nosa escola, xa sexan de auga o doutro tipo, no noso dereito á educación?
  • Existe relación entre o progreso humano e o acceso á auga?

A través das actividades educativas propostas para educación infantil, primaria e secundaria o teus alumnos poderán encontrar resposta a istas preguntas e contribuir ademais ao programa de educación de UNICEF en Níxer, a través das propostas de mobilización que vos propoñemos en momentos clave do curso escolar. Pon Níxer no mapa!

 

Joseé Calderón señala Níger en un globo terráqueo

José Calderón colabora na campaña Gotas para Níxer, poñendo a súa gota pola educación neste país africano. "A falta de auga e saneamento nas escolas vulnera o dereito á saúde e o dereito á educación de nenos e nenas", afirma.

Como podo recibir estes materiais?

UNICEF España ofrece aos centros escolares que forman parte do programa Enrédate con UNICEF un completo material educativo multimedia gratuito e unha serie de propostas solidarias adaptables ao calendario escolar do centro. Nos primeiros días do curso recibirás no teu centro a carpeta de recursos e actividades do curso 2012-2013. Asegúrate de recibilos, actualizando os datos de rexistro do teu centro se houbo algún cambio durante o último curso.

Inclúe estas actividades na túa programación para o próximo curso!

      O 15 de outubro é o Día Mundial do Lavado de Mans

Unha práctica tan sinxela como imprescindible que constitúe unha das condutas hixiénicas máis importantes pois logra previr o contaxio de moitas enfermidades infecciosas. Propoñerémosche actividades que permitan aos máis pequenos comprender o impacto de pequenos xestos nas vidas de moitas persoas. Unha proposta educativa que nos permitirá afondar en torno á hixiene e a saúde, partindo dun xesto cotián que une millóns de nenos de todo o mundo, o lavado de mans.


      O 20 de novembro é o Día Universal dos Dereitos da Infancia

Celebra con toda a comunidade educativa o Día Universal dos Dereitos da Infancia: Dereitos e responsabilidades por unha ciudadanía global.

      O 20 de decembro é o día da Solidariedade Humana

Nas semanas próximas ao Nadal decora unha árbore con motivos solidarios. Cambia  espumillón por desexos para todo o mundo!

      O 22 de marzo é o Día Mundial da Auga

Organiza un evento deportivo con motivo do Día Mundial da Auga. A Carreira da Auga é unha actividade dentro da campaña Gotas para Níxer que ten como obxectivo celebrar nos centros educativos un evento deportivo-solidario que chame a atención sobre os problemas que afrontan millóns de nenos e nenas cada día. Pon o esforzo físico ao servizo da solidariedade e colabora co programa de Educación de UNICEF en Níxer.

 

 

 

Participa no Blog!

Cada semana ocorren cousas novas nos centros enredados e leste é o lugar para compartir as vosas experiencias. Tamén atoparás aquí información de última hora sobre novidades relacionadas coa Educación para o Desenvolvemento. Contribúe coas noticias das actividades que desenvolva o teu centro! (lembra iniciar sesión para poder publicar a túa noticia).

Comparte a túa experiencia