A auga, un tesouro: exposición para centros educativos

Unha exposición de 10 paneis dispoñible para que os centros educativos traten temas relacionados coa auga, o desenvolvemento sustentable e os dereitos da infancia.
Aigua e ODS

No teu centro educativo estades interesados en profundar sobre un tema educativo tan relevante como a auga? Preferides un enfoque multidisciplinar que permita poder abordar distintos aspectos científicos, culturais e sociais relacionados con ela? O voso alumnado ten inquedanzas relacionadas co desenvolvemento sustentable, a crise climática e o seu impacto sobre os dereitos? Non vos perdades esta exposición! Podedes utilizala como base para actividades da campaña de gotas e apoiar o traballo de UNICEF en todo o mundo en materia de auga, hixiene e saneamento. Cada gota conta!

A partir de xaneiro estará dispoñible esta exposición, que os centros referentes e escolas amigas de UNICEF poden solicitar para realizar actividades relacionadas coa auga, a hixiene e o saneamento no marco da campaña #GotasUNICEF.

 

Cada panel trata un tema distinto relacionado coa auga e o desenvolvemento sustentable e permite a ampliación da información dispoñible a través dun QR que conecta coa versión en liña da exposición, na que hai máis actividades dispoñibles (quiz, imaxes interactivas, contos, infografías…) Esta exposición en liña tamén é un recurso educativo alternativo para aqueles centros educativos que, debido ás restricións derivadas da prevención da COVID-19, non poidan albergar a exposición física.

Tes máis detalles sobre aspectos didácticos da exposición na guía descargable en PDF.

 

Todos os centros referentes e escolas amigas de UNICEF, así como aqueles outros que, sen selo, estean preparando unha actividade #GotasUNICEF en favor dos programas de auga, saneamento e hixiene de UNICEF en todo o mundo. 

Os contidos dos paneis e das actividades da web están indicados para alumnado de primaria e secundaria, con diferentes niveis de dificultade, segundo o caso. Recomendamos que o equipo docente revise as actividades e a guía da exposición para poder seleccionar aquelas que mellor se adapten a cada grupo dentro dun centro educativo. 

A exposición tamén pode ser unha boa oportunidade para mobilizar ás familias de estudantes de todas as idades en torno ao obxectivo común #GotasUNICEF e pódelles ofrecer pistas para tratar temas relacionados coa auga e o desenvolvemento sustentable na casa.

Son 10 paneis tipo lona con soporte en forma de “X”. As lonas enrólanse e caben, xunto aos soportes, nunha bolsa con rodas, que pesa uns 20 kg.

Unha vez instalados, cada panel ten unhas medidas de 70x180 Cm., sendo necesario un espazo grande para que a instalación garanta as distancias de seguridade durante as visitas. Outra opción é dividir a exposición, de forma que o percorrido completo involucre diferentes zonas do centro. 

As lonas pódense limpar con solución hidroalcohólica sen que as tintas ou o material sufran dano.

Ao ser unha exposición itinerante, que pasa por distintos centros, é necesario pedila con antelación suficiente (recomendamos un mínimo de 3 semanas), xa que as peticións aténdense por orde de chegada e é posible que, se os prazos son axustados, a exposición non estea dispoñible.

A isto hai que sumar as precaucións derivadas da situación epidemiolóxica e a necesidade que poden ter algúns centros de poñer en corentena os materiais uns días antes de expoñer.

Para solicitala, podes enviar un e-mail a [email protected] indicando:

-    O nome do centro e a localidade á que pertence
-    O uso que espera darse á exposición
-    Unha proposta de datas

Responderemos á túa solicitude e, en caso de que a data proposta non estea dispoñible, valoraremos posibles alternativas.

Si, a exposición non ten custos de envío nin doutro tipo, pero darase preferencia a aqueles centros educativos que a utilicen dentro de actividades da campaña #GotasUNICEF

Escríbenos a [email protected] e responderémolas. Grazas polo teu interese!