Educación dixital: #SuMayorInfluencer

Cremos que é importante que familias e educadores sexan os maiores influencers da infancia no seu uso da tecnoloxía. Anímaste a conseguilo na túa comunidade educativa?

Una niña y su padre utilizan juntos una tablet

 

Fai uns días UNICEF publicou o informe Impacto de la tecnología en la adolescencia con datos actualizados e moi relevantes sobre o modo en que os rapaces e rapazas da nosa contorna se relacionan nun mundo digital.

Aprendemos moito grazas a este documento, pero as dúas cousas que máis chamaron a nosa atención desde un punto de vista educativo son:

  • Os hábitos problemáticos que vemos na adolescencia poden previrse durante a infancia.
  • As familias teñen un potencial educativo enorme no uso responsable da tecnoloxía e é moi importante que sexan a principal influencia que teñen nenos e nenas nos seus primeiros pasos no mundo dixital.

#SuMayorInfluencer

Por iso lanzamos a campaña #SuMayorInfluencer, orientada a que pais e nais poidan reflexionar sobre o seu papel na educación dixital desde a primeira infancia.

Axúsdasnos a difundir esta campaña na túa comunidade educativa? Aquí atoparás os materiais de campaña que podes difundir e servirán como unha forma atractiva de iniciar unha reflexión educativa sobre educación dixital. 

 

Web

Na web da campaña podedes atopar todos os recursos dispoñibles.

Web de la campaña "Su mayor influencer" en la pantalla de un móvil.

 

  • vídeo, que aborda a situación con algo de humor.
  • Un quiz con preguntas aparentemente sinxelas pero cuxas respostas poden sorprendernos
  • guía para familias, descargable como PDF.
  • informe completo.

 

Visitar

 

Redes sociais

Podes ampliar a mensaxe da campaña difundindo as mensaxes en redes sociais co hashtag #SuMayorInfluencer

 

Os centros educativos, un aliado clave

Os centros educativos foron clave na fase de recompilación de datos para o informe que levou a cabo UNICEF xunto á Universidade de Santiago de Compostela e o Consello de Colexios Profesionais de Enxeñería Informática. Grazas á inestimable colaboración de 265 centros educativos de todo o país puidéronse recompilar as respostas de case 50.000 adolescentes, o que garante a fiabilidade dos resultados.

Pero os datos do informe serven de pouco se non logramos entre todos fomentar unha reflexión que nos leve a previr os riscos, reforzar os aspectos positivos e avanzar cara unha educación dixital que responda aos dereitos e necesidades da infancia hoxe en día.

Por iso é tan importante a colaboración de todos os centros educativos na difusión desta campaña. Un primeiro paso para lograr o cumprimento dos dereitos dixitais da infancia e a adolescencia.