Nova convocatoria de centros referentes Participa!

Actualmente 109 centros educativos son xa parte deste programa, onde os dereitos da infancia convértense no eixo transversal da actividade educativa, sendo unha potente ferramenta para contribuír á transformación real da educación.
Una maestra, que lleva una mascarilla, en su aula. Junto a ella, las bases de la convocatoria de referentes 2021.

 

UNICEF España abriu a carta convocatoria de Centros Referentes en Educación en Dereitos de Infancia e Cidadanía Global para os centros de Educación Infantil, Primaria e Secundaria de titularidade pública ou privada, recoñecidos como centros oficiais polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

55.000 estudantes de 109 centros educativos xa forman parte deste programa onde o coñecemento dos dereitos, a participación infantil e adolescente, a mellora do clima escolar e protección fronte á violencia, os malos tratos e o abuso cobran vital importancia. 

O obxectivo fundamental deste recoñecemento é situar á infancia e os seus dereitos nun lugar destacado da vida escolar, guiándose polos principios de inclusión, equidade solidariedade e calidade.

Características da convocatoria

Trátase dunha convocatoria bianual, aberta desde o 1 de febreiro de 2021 ata o 30 de xuño de 2022. Os centros que estean interesados en participar para conseguir este recoñecemento poden desde xa mesmo comezar co proceso de transformación da escola, que se medirá a través de 30 indicadores.

Todos os indicadores suman para conseguir os puntos necesarios para converterse en Centro Referente en Educación en Dereitos de Infancia e Cidadanía Global de UNICEF, aínda que non todos teñen o mesmo peso. Deste xeito, os centros que avancen na convocatoria poderán quedar recoñecidos en tres niveis de compromiso e excelencia:

  • Inicial (nivel 1): o centro deu os primeiros pasos dentro dunha estratexia integrada de educación en dereitos de infancia e cidadanía global e ten un plan de acción para avanzar nos distintos ámbitos.
  • Avanzado (nivel 2): o centro ten xa unha experiencia no desenvolvemento de propostas relacionadas coa educación en dereitos e consigue unha implicación cada vez maior da comunidade educativa.
  • Excelente (nivel 3): os dereitos da infancia forman parte da acción global do centro, cunha influencia visible sobre o clima escolar, as relacións da comunidade educativa e o enfoque pedagóxico. Chegar a este nivel supón un esforzo importante e continuado no tempo e estes centros poden guiar a outros e servir de exemplo a aqueles que estean empezando.

 Animádesvoss a participar? Coñece con máis detalle as novidades desta convocatoria

 

Bases de la cuarta convocatoria de centros referentes

Cómo iniciar o proceso?

Tanto se tes dúbidas ou preguntas sobre o proceso para converter o teu centro en referente en dereitos de infancia e cidadanía global, como se queres iniciar o proceso e obter o status de centro candidato, invitámoste a informarte, descargarte as bases e contactarnos.  

 

MáIs información

 

Educar en dereitos é algo máis que ensinar os dereitos

En UNICEF consideramos que educar en dereitos é algo máis que ensinar os dereitos. Unha escola comprometida cos dereitos da infancia: 

  • Convérteos na base do seu proxecto educativo
  • Impulsa que a comunidade os viva no día a día 
  • Fai aos propios nenos e nenas partícipes do cambio.

Este recoñecemento consta de catro ámbitos. O primeiro é o coñecemento dos dereitos da infancia e a cidadanía global, tanto de xeito teórico como práctico a través de cursos de formación ao profesorado e integración dos dereitos no centro. 


O segundo ámbito do recoñecemento busca fomentar a participación infantil e adolescente na comunidade educativa, tanto a nivel de aula como de centro e a súa interacción con outros espazos, como o municipal. 


Que o centro educativo sexa unha contorna de protección supón que os nenos e nenas se senten seguros e protexidos na escola, a comunidade escolar está informada dos riscos que se poden presentar e, ademais, contémplanse mecanismos de resposta #ante eles. Precisamente o terceiro ámbito do recoñecemento busca fomentar estas contornas de protección. 


Por último, o cuarto ámbito é a existencia dun bo clima escolar, que se caracteriza por relacións interpersoais positivas, sentimentos de aceptación e de seguridade emocional, mellorando o sentido de pertenza e identificación co grupo e a escola.

 

 

 Ata xuño de 2022

4ª convocatoria de centros referentes 

Está en marcha a 4ª convocatoria de recoñecementos a centros referentes en dereitos da infancia e cidadanía global. Tanto se o  teu centro educativo quere presentarse por primeira vez como se queredes renovar ou mellorar o voso actual recoñecemento dispoñedes dun prazo ampliado para realizar a candidatura. Non o deixede para última hora!

 

Infórmate