Integración curricular da participación

 
Calquiera neno, nena ou adolescente pode tomar parte en procesos de participación infantil. Non importa a súa idade, nivel de desenvolvemento, capacidades, personalidade, rendemento académico…A participación é un dereito e é para todos!
Aprender a participar en cada etapa educativa -- Foto: © UNICEF/UN0152758/Dinulescu

 

"Enseñar é aprender dúas veces""
Joseph Joubert

 

Participar non é “estar presente” ou “asistir”; ao participar planificamos, organizamos, coordinamos, debatemos, decidimos, executamos, avaliamos…É nese sntido no que a participación infantil e adolescente ten un verdadeiro valor educativo. Ademais, o resultado sí importa: un exercicio de participación no que os participantes non se comprometen co resultado, avalíano e se responsabilizan na búsqueda de melloras non é un exercicio de participación real. Na medida das capacidades e grao de desenvolvemento do noso alumnado, podemos procurar fórmulas de participación auténtica. 

Educación infantil: Coñecer las preferencias

Unha primeira fase do desenvolvemento das competencias de participación está no desenvolvemento da noción de “preferencia”. Que preferimos? Que prefiren os outros? Saber que as preferencias de cada persoa son importantes e que temos liberdade para expresalas, aínda que non sempre podamos conseguilas, permite sentar as bases de coñecementos, actitudes e competencias clave para desenvolver a competencia cidadá.

Educación primaria: Aprender a convivir e a traballar en equipo 

Nesta etapa educativa é crucial desenvolver as competencias relacionadas co traballo en equipe: convivencia, respecto ao outro, tolerancia ao erro, e resolución de conflitos. Ao longo de toda a educación primaria, é posible desenvolver estas e outras competencias a través da participación en proxectos de aula e de centro que favorezan formas de participación infantil cada vez máis complexas.

Educación secundaria: Preparación para a vida independente

Esta etapa é clave no desenvolvemento do senso da responsabilidade. A participación en distintas actividades do centro educativo e da comunidade, incluído o asociacionismo, permite aos rapaces avanzar nol fortalecemento da súaindependencia, senso crítico e na asunción das responsabilidades que lles corresponden sobre o resultado, positivo ou negativo, dos proxectos das que toman parte.

Asignaturas

Existe unha idea xeneralizada acerca dos coñecementos relacionados coa participación como algo propio das ciencias sociais e as humanidades, xa que conceptos como "democracia", "dereito" ou "responsabilidade" adoitan tratarse en materias como historia, filosofía ou ética. Con todo, a participación entendida como competencia necesaria para a vida en comunidade convértea nunha aprendizaxe crave para o desenvolvemento académico en todo tipo de materias, tamén nas científico-técnicas, artísticas ou deportivas.

  A continuación, atoparás unha formulación curricular básica sobre o dereito á participación, que contén ideas xerais para cada etapa, conceptos crave, coñecementos, actitudes e competencias. Podes adaptalo ou desenvolvelo con máis profundidade ou concrección.

Planteamento curricular do dereito á participación por etapa

En función do grao de madurez, podemos facer énfase en distintas ideas relacionadas co dereito á participación:

InfantilPrimariaSecundaria
  • Cada persoa prefire cousas distintas: a veces coincidimos, a veces non.
  • As preferencias de cada persoa son importantes: as nosas e as dos outros.
  • Sempre podemos manifestar as nosas preferencias, pero non sempre podemos conseguilas.
  • As personas convivimos, non podemos vivir illadas.
  • A convivencia require que sepamos respectarnos e respectar a outras persoas.
  • A medida que os grupos sociais medran en número e complexidade, é necesaria a existencia de normas comúns e de institucións que regulen a convivencia.
  • Ao participar facémonos responsables das nosas decisións.
  • Para aprender, ás veces é necesario equivocarse.
  • Cando nos equivocamos, é importante recoñecer o error para poder mellorar.
  • Cada persoa ten unha autonomía moral e unha capacidade de autodeterminación que lle permite facerse responsable das súas accións.
  • En ocasións, poden existir conflitos entre as nosas emocións, valores, propósitos e accións e é a nosa responsabilidade chegar a solucións que non nos danen nin danen a outros.
  • A existencia de leis e normas non exime ás persoas da súa responsabilidade ética fronte a situacións que poden non estar reguladas ou para as que “non hai castigo”.
  • O respecto á dignidade de cada persoa inclúe valores como a igualdade, a tolerancia, a comprensión e a cooperación.
  • É necesario coñecer diferentes visións e formas de pensamento para poder distinguir con criterio entre opinións e feitos.

A clarificación de conceptos e a elaboración de mapas conceptuais pode axudarnos a comprender mellor o dereito á participación e a poñelo en práctica. Amplía estas listaxes, segundo ás necesidades da túa aula ou grupo:

InfantilPrimariaSecundaria
  • Preferencia
  • Parecidos e diferencias
  • Autocontrol
  • Respecto
  • Confianza
  • Opinión
  • Creencias
  • Escoita activa
  • Empatía
  • Percepcións
  • Cooperación
  • Dereitos e responsabilidades
  • Democracia
  • Sociedade
  • Goberno
  • Cidadanía
  • Xustiza
  • Ética
  • Política
  • Lexislación
  • Dignidade
  • Autodeterminación
  • Asertividade
  • Identidade
  • Liberdade
  • Contrato social
  • Heteronomía e autonomía
  • Poder

Participando na súa contorna proxima e na súa comunidade, cada estudante pode afianzar coñecementos esenciais para o seu desenvolvemento persoal, social e cidadán:

InfantilPrimariaSecundaria
  • Emocións positivas e negativas relacionadas coa convivencia: confianza, simpatía, ilusión, incerteza, celos, frustración…
  • Emocións positivas e negativas relacionadas coa soidade: tranquilidade, aburrimento, curiosidade, pena, medo…
  • Coñecemento de sí e autonomía persoal.
  • Coñecemento de diferentes grupos sociais, a partir dos da súa contorna próxima: familia, amigos, vecindario, centro educativo, municipio. Comprensión progresiva das relacións entre estes grupos.
  • Coñecemento das normas que afectan a súa contorna e a súa relación con outros.
  • Diferencia entre percepcións, opinións, crenzas e feitos.
  • Comprensión de dereitos e responsabilidades.
  • Coñecemento da existencia de normas, así como comprensión da súa orixe, da súa aplicación e das súas consecuencias.
  • Recoñecemento de diferentes formas de goberno e sociedade, xa sexan históricas ou actuales e comprensión das implicacións que cada modelo ten para as persoas.
  • Concepto de democracia e capacidade para identificar as principais institucións e actores: desde o ámbito internacional ata o barrio ou grupo comunitario.
  • Concepto de cidadanía: diferencia entre “cidadán” e “habitante”.
  • Concepto de dereitos humanos, recoñecemento dos dereitos da infancia como dereitos humanos.
  • Diferencia dereitos naturais e dereitos definidos por lei.
  • Identificación da participación infantil como expresión dos dereitos civís dos nenos, nenas e adolescentes.
  • Coñecemento dos  canles e ferramentas de participación dos que dispón a cidadanía.
  • Identificación da influencia que distintas formas de poder (político, económico, mediático…) teñen sobre a sociedade, así como do poder que ten cada cidadán a través da participación.

Participar reforza estas actitudes, relacionadas coa convivencia pacífica e democrática:

InfantilPrimariaSecundaria
  • Interese por manifestar as súas preferencias.
  • Aceptación da frustración.
  • Respecto polas preferencias dos demais, desenvolvemento da empatía.
  • Interese por adquirir autonomía persoal de maneira progresiva.
  • Motivación por seguir unhas normas de conducta que favorecen a convivencia e para defender os seus intereses cando se vulneran na súa contra.
  • Interese polas ideas, opinións e sentimentos doutras persoas.
  • Asertividade: capacidade de defender os propios intereses, ideas e conviccións sen ferir os dos demais.
  • Motivación por participar e resolver pacíficamente os posibles conflitos.
  • Espírito constructivo e colaborador no traballo en grupo e na vida social.
  • Responsabilidade e respecto hacia as ideas, creencias e opinións alleas.
  • Valoración da importancia da convivencia pacífica.
  • Tolerancia, espírito democrático e interese pola defensa dos dereitos propios e de outras persoas.
  • Recoñecemento da democracia non só como unha forma de goberno, senon tamén como un estilo de vida cidadá, na que cada persoa ten dereitos, deberes e responsabilidad sobre a súa participación no avance da sociedade.
  • Sentimento de responsabilidade fronte á propia vida persoal, a convivencia social e a situación política.
  • Interese por participar na construcción dunha contorna xusta, equitativa e sostible, tanto a nivel local como global.
  • Motivación para a participación en actividades con fíns sociais.

Estas competencias son necesarias para participar pero tamén se adquiren e reforzan participando:

InfantilPrimariaSecundaria
  • Capacidade para manifestar as súas preferencias e valorar a súa importancia e para entender e valorar as preferencias doutros.
  • Adquisición de pautas de convivencia e de habilidades sociais.
  • Capacidade para expresar a propia frustración sen recurrir á violencia.
  • Disposición a pedir axuda en caso de conflito, problemas ou percepción de dano.
  • Habilidade para relacionarse con respecto ás diferencias.
  • Capacidade para poñer en práctica as normas e regulamentos que lles afectan na súa vida diaria (por exemplo: educación vial, regulamento do centro).
  • Autonomía na realización de actividades da vida cotiá, no ámbito doméstico, escolar e comunitario. Por exemplo, tarefas domésticas, control sobre a propia axenda e horario, pequenos trámites administrativos, capacidade de acción en situacións de emerxencia…
  • Autorregulación emocional fronte a situacións que supoñen un conflito de intereses, capacidade para aplicar solucións dialogadas e que teñan en conta os dereitos de todos os implicados, incluidos los propios.
  • Capacidade para recoñecer a aplicación dos dereitos da infancia en situacións cotiás.
  • Capacidade de reflexión ética sobre distintos valores e filosofías relacionadas cos dereitos.
  • Espírito crítico respecto á información: capacidade para buscar información en distintas fontes, para contrastar a súa veracidade e para distinguir feitos de opinións.
  • Traballo en equipo, capacidade de organización e planificación de actividades de grupo.
  • Negociación, resolución de conflitos, capacidade de colaborar con persoas con diferentes ideas e puntos de vista.
  • Motivación para a participación en actividades con fíns sociais.
 

Participación infantil e adolescente

Ideas para que a participación na aula e o centro educativo contribúa a desenvolver o máximo potencial de cada estudante.

Descúbreas

Descobre máis sobre as posibilidades da participación na escola

Coñece os nosos materiais sobre participación infantil e adolescente

Por mí e por todos os meus compañeiros!

Entre todos podemos desenvolver un plan para celebrar un Día da infancia inolvidable.
20 de novembro: Cambiemos as reglas de xogo!
Próximamente