Como plantexar unha consulta ao alumnado

 
As consultas ao alumnado son aqueles procesos nos que se pide opinión ou ideas aos estudantes sobre aspectos da organización do centro que son decididos por adultos.
Consultas al alumnado -- © UNICEF/UNI154616/Pirozzi

 

"Cada neno ten dereito a expresar a súa opinión sobre os asuntos que lle afectan e a que esta opinión se teña en conta."
Convención sobre os Dereitos do Neno

 

As consultas, cando se realizan adecuadamente, poden ser unha fonte de información valiosa e relevante e servir de impulso á mellora do clima escolar.  As consultas son considerados procesos de participación infantil auténtica, pero teñen que darse unhas condicións para que realmente o sexan:
 

•    Ten claro se unha consulta é realmente necesaria

Se o único que necesitas é información obxectiva, verifica se se pode obter por outros medios. Unha consulta xera expectativas e move emocións, así que convén reservalas para cuestións nas que a opinión do alumnado aporta un valor adicional e pode ser tida en conta.

Por exemplo: se no patio fai demasiado sol en primavera, non ten moito sentido facer preguntas como “En que lugar do patio cres que fai maís calor?”, xa que hai medicións obxectivas que nos permiten obter esa información de maneira fiable. Pode ser máis útil, unha vez que determinamos que as condicións no patio non son seguras, facer participar ao alumnado nunha proposta de solucións.
 

•    Identifica ben que queres averiguar e cales son os obxectivos da consulta

É importante que as iniciativas de participación teñan unha meta tanxible. Mesmo se perseguimos un obxectivo relacionado co clima escolar, cando máis claro e específico sexa, máis relevante será a consulta. Por exemplo, se o único obxectivo dunha consulta é “que os estudantes síntanse escoitados”, podemos perder unha boa oportunidade de obter información relevante.
 

•    Deseña o enfoque e a metodoloxía da consulta

Ningunha opción de deseño ou metodología é mellor que outra: todo depende dos obxectivos, do contexto e dos participantes. Por exemplo:

  • Vai a participar todo o centro ou só algunhas clases?: Se a consulta é global e involucra a gran número de alumnos e alumnas, pode ser necesario adaptar algunahs preguntas segundo as idades ou por outras razóns.
  • Queremos poder tabular as respostas por cursos ou por outras características do alumnado?: Se é así, hai que incluílo no deseño da consulta.
  • Imos facer unha consulta digital?: Actualmente hai distintas ferramentas digitais que permiten facer enquisas e tratar os datos obtidos, pero en ocasións pode ser máis valioso facer consultas presenciais e abertas ao debate ou pequenos grupos de discusión.
     
•    Resolve de antemán calquera cuestión ética ou de privacidade

Nunha consulta que involucra a nenos, nenas e adolescentes é fundamental que o proceso contribúa positivamente aos seus dereitos e que non teña para eles ningunha consecuencia negativa imprevista. Antes de calquera consulta que involucre á infancia, asegúrate de que se poda levar a cabo de modo que protexa os dereitos da infancia e favoreza a inclusión de todos os grupos. Do mismo xeito, asegurádevos de obter o consentimento informado tanto dos participantes como dos seus titores legais cando sexa necesario e de respectar en todo momento as disposicións vixentes respecto á protección de datos de carácter persoal.
 

•    Informa adecuadamente aos alumnos e alumnas participantes

Unha consulta está ben deseñada cando os seus obxectivos son transparentes para os participantes, para iso:

  •     Os nenos e nenas participantes entenden a finalidade da consulta e o proceso no que se enmarca.
  •     Saben quen ou quenes tomaron a decisión sobre a súa participación e por que motivos.
  •     Teñen un papel significativo no proceso, non meramente simbólico.
  •     Participan voluntariamente na consulta unha vez que entenden o seu valor.
     
•    Recopila e analiza os datos obtidos e involucra ao alumnado, se é posible

Non deixes pasar moito tempo desde a realización da consulta ata o proceso de tratamento das respostas. A realización dunha consulta require enerxía e esforzo e o paso do tempo xoga en contra da efectividade do proceso. Se é posible, involucra a parte do alumnado no proceso de recopilación e análisis de datos: para eles pode ser unha oportunidade inmellorable de consolidar na práctica coñecementos sobre estadística, traballo en equipo e toma de decisións. 
 

•    Mostra os resultados a quenes participaron 

Isto é fundamental para lograr que a participación sexa realmente significativa e, ademáis, sirve de peche ao proceso demostrando que a consulta non foi só un medio de obter información, senon unha forma de colaboración. Pódense utilizar diferentes medios, entre outros:

  •  Comunicarlo en clase.
  •  A través da radio ou o periódico escolar.
  •  Enviando un mailing ás familias.
  •  Usando as redes sociais e a web do centro.
  •  No taboleiro de anuncios.
     
•    Utiliza os resultados para avanzar en plans de acción

A consulta debe servir para avanzar nun cambio ou nunha mellora respecto ao obxectivo plantexado inicialmente e o alumnado debe ser consciente do papel que xogou a súa participación no proceso. Deste modo conseguimos dar á participación infantil e adolescente o valor que realmente ten, evitando un uso meramente simbólico da mesma.

•    Avalía e reflexiona sobre o proceso

Recopila os aspectos que funcionaron da consulta e aquelas cousas que farías de maneira diferente noutra ocasión. O ideal é que este informe teña formato escrito e que poida ser accesible para todo o profesorado, de forma que poida consultarse e ampliarse en futuras iniciativas.

 

 

Participación infantil e adolescente

Ideas para que a participación na aula e o centro educativo contribúa a desenvolver o máximo potencial de cada estudante.

Descúbreas

Descobre máis sobre as posibilidades da participación na escola

Coñece os nosos materiais sobre participación infantil e adolescente

Por mí e por todos os meus compañeiros!

Entre todos podemos desenvolver un plan para celebrar un Día da infancia inolvidable.
20 de novembro: Cambiemos as reglas de xogo!
Participa