Este proxecto é realmente participativo?: Claves dunha participación auténtica

 
Reflexiona sobre algúns aspectos clave antes de poñer en marcha unha iniciativa de participación infantil ou adolescente, xa sexa grande ou pequena, para poder mellorar o seu deseño.
Claves de una participación auténtica y efectiva en el centro educativo

 

"Sen dúbida, os nenos e nenas son os máis fotografiados e os menos escoitados da nosa sociedade"
Roger A. Hart

 

Ao iniciar un proxecto de participación infantil e xuvenil no noso centro educativo é lóxico ter dúbidas. Esta listaxe permitirache valorar rápidamente se ides ben encamiñados en tres áreas clave para definir unha participación auténtica e eficaz: a definición do proxecto, os valores que os inspiran e a metodoloxía. Cada item  valídase rápidamente cun "sí" ou un "non", de maneira que un número alto de "noes" fai necesario replantexar algúns aspectos do proxecto que temos en marcha.

O proxecto

O primeiro requisito é que o propio proxecto de participación sexa relevante para o alumnado e que esté adaptado ás súas posibilidades e expectativas:

  • tema é de relevancia real para os participantes, é algo que preocupa aos nenos, nenas e adolescentes implicados.
  • O proceso de participación busca cambios concretos que van a poder marcar unha diferencia significativa: se é posible, melloras ao longo prazo ou cambios institucionais.
  • A participación está ligada á experiencia diaria do alumnado.
  • Póñense a disposición recursos e tempo suficiente.
  • Existen unhas expectativas realistas, tanto no alumnado como nos adultos participantes. Xestiónase aa frustración.
  • Acórdanse cos estudantes obxectivos e metas claros.
  • Tense en conta a promoción e protección dos dereitos da infancia.

 

Valores

Se os valores que subxacen nun proxecto de participación infantil e xuvenil non están en sintonía cos dereitos da infancia corremos o risco de instrumentalizar o proceso:

  • Os adultos participantes son honestos sobre o proxecto e o proceso.
  • Existe inclusión e oportunidades de participación equitativas para todos os grupos de estudantes interesados.
  • Respéctase de igual maneira a todos os participantes, sexa cal sexa a súa idade, habilidades, orixe…
  • Compártese información cos nenos, nenas e adolescentes para permitirlels facer eleccións reais.
  • Os puntos de vista da infancia son tomados en serio.
  • Os participantes involucláronse voluntariamente.
  • La toma de decisións é compartida.
Metodoloxía

Para o éxito de calquera proxecto é fundamental establecer unha metodoloxía axeitada que, no caso de proxectos que involucran a nenos, nenas e adolescentes, debe de estar adaptada. Independientemente do método que elixades para o desenvolvemento do proxecto, verificade que:

  • propósito estableceuse con claridade.
  • Os lugares de reunión, a linguaxe e a estrutura do proceso están adaptados á idade dos participantes.
  • As nenas, nenos e adolescentes incorpóranse ao proceso nas primeiras etapas, se é posible desde o principio (deseño e planificación).
  • Os participantes reciben formación para adquirir as habilidades necesarias.
  • As metodoloxías de participación desenvólvense en colaboración cos nenos.
  • Os adultos proporcionan apoio cando é necesario.
  • Incorpóranse estratexias que favorecen a sostenibilidade e as posibilidades de replicar o proxecto no tempo.
  • Avalíase o proceso, tendo en conta como se sentiron os participantes e que aspectos mellorar para futuras ocasións.
 

Participación infantil e adolescente

Ideas para que a participación na aula e o centro educativo contribúa a desenvolver o máximo potencial de cada estudante.

Descúbreas

Descobre máis sobre as posibilidades da participación na escola

Clip Club TV

mandrade |

Exprésate sobre o COVID-19!

Que saben os nenos e nenas sobre o novo coronavirus? Como están a levar o illamento? Que ideas se lles ocorren para axu…

Como plantexar unha consulta (enquisa, cuestionario, sondeo) ao alumnado

Amaya Lopez |

Como plantexar unha consulta ao alumnado

As consultas ao alumnado son aqueles procesos nos que se pide opinión ou ideas aos estudantes sobre aspectos da organiz…

Protexer os dereitos da infancia mentres exercen o seu dereito a participar

Amaya Lopez |

Protexer os dereitos da infancia mentres exercen o seu dereito a participar

Nos procesos de participación infantil, os nenos, nenas e adolescentes expóñense ao xuizo dos seus compañeiros, dos pro…

Por que os nenos, nenas e adolescentes queren participar?

Amaya Lopez |

Por que os nenos, nenas e adolescentes queren participar?

Como todo ser humano, os nenos ven a importancia de ter voz nas cuestións que lles afectan pero non só iso, hai máis ra…

Dereito á participación: Integración curricular para cada etapa educativa

Amaya Lopez |

Integración curricular da participación