Protexer os dereitos da infancia mentres exercen o seu dereito a participar

 
Nos procesos de participación infantil, os nenos, nenas e adolescentes, expóñense ao xuizo dos seus compañeiros, dos profesores e doutros membros da comunidade escolar.

 

Proteger los derechos de la infancia mientras ejercen su derecho a participar -- Foto: © UNICEF/Loulou d’Aki

 

"Non cometas o erro de crer que tes que estar de acordo coas persoas para defendelas da inxustiza".
Briant McGill

 

A experiencia de participación pode fortalecer as capacidades de nenos, nenas e adolescentes, ou pola contra, causarlles dano se non seguimos unhas normas moi claras dentro dos procesos e, especialmente, cando a iniciativa involucra á vez a nenos e adultos: 

  1. Os adultos que participan no proceso de participación infantil ou adolescente deben tratar aos nenos e nenas con respecto e recoñecer que son individuos independentes e participantes de pleno dereito. Do mesmo xeito, os alumnos máis maiores deben respectar o dereito a participar dos pequenos e hai que ter en conta as relacións de poder que se poden estar a establecer entre determinados grupos (por exemplo: nenos fronte a nenas, nenos e nenas da clase fronte aos de outra, grupos segundo orixe, capacidade ou clase social...) 
     
  2. É esencial valorar a nenos, nenas e adolescentes de maneira positiva, non como un lastre ao proceso: son individuos con necesidades e dereitos específicos que teñen unha contribución particular que facer, a cal pode ser moi valiosa.  
     
  3. Todos os participantes deben guiarse por un espíritu de cooperación e compañerismo, baseado na confianza mutua e o respecto
     
  4. É necesario valorar os puntos de vista e as expectativas dos participantes, sexan da idade que sexan, e tomalos en serio
     
  5. Ao colaborar con nenos e nenas é importante facelo de maneira que poidan aportar o mellor das súas capacidade e habilidades, de maneira que poidan desenvolver o seu potencial. Os adultos teñen un papel moi importante como facilitadores do proceso.
     
  6. Os adultos participantes necesitan facer un esforzo especial para comprender aos participantes de menor idade no contexto no que viven.  
     
  7. Débense tomar todas as medidas precisas para asegurar a protección de aqules nenos e nenas polos que sentimos especial preocupación: víctimas de bullying, nenos con discapacidade, infancia LGTBI, alumnos e alumnas de orixe migrante…  
 

Participación infantil e adolescente

Ideas para que a participación na aula e o centro educativo contribúa a desenvolver o máximo potencial de cada estudante.

Descúbreas

Descobre máis sobre as posibilidades da participación na escola

Clip Club TV

mandrade |

Exprésate sobre o COVID-19!

Que saben os nenos e nenas sobre o novo coronavirus? Como están a levar o illamento? Que ideas se lles ocorren para axu…

Este proxecto é realmente participativo?: Claves dunha participación infantil e adolescente auténtica e efectiva

Amaya Lopez |

Este proxecto é realmente participativo?: Claves dunha participación auténtica

Reflexiona sobre algúns aspectos clave antes de poñer en marcha unha iniciativa de participación infantil ou adolescent…

Como plantexar unha consulta (enquisa, cuestionario, sondeo) ao alumnado

Amaya Lopez |

Como plantexar unha consulta ao alumnado

As consultas ao alumnado son aqueles procesos nos que se pide opinión ou ideas aos estudantes sobre aspectos da organiz…

Por que os nenos, nenas e adolescentes queren participar?

Amaya Lopez |

Por que os nenos, nenas e adolescentes queren participar?

Como todo ser humano, os nenos ven a importancia de ter voz nas cuestións que lles afectan pero non só iso, hai máis ra…

Dereito á participación: Integración curricular para cada etapa educativa

Amaya Lopez |

Integración curricular da participación