Por que os nenos, nenas e adolescentes queren participar?

 
En ocasións, desde a perspectiva adulta, podemos ver sorprendente que nenos, nenas e adolescentes queran tomar parte en procesos e decisións que supoñen un esforzo e unha responsabilidad. Non son máis felices alleos a estas complicacións?
 
¿Por qué los niños, niñas y adolescentes quieren participar? -- Foto: © UNICEF/Phil Hatcher-Moore

 

"Unha persoa é unha persoa, non importa o pequena que sexa"
Dr. Seuss

 

A realidade é que, como todo ser humano, os nenos ven a importancia de ter voz nas cuestións que lles afectan, pero non só iso, hai máis razóns polas que queren participar:

  •     Consideran que a súa contribución pode levar a mellores decisións 
  •     Cren que, ás veces, os adultos malinterprétanos cando falan no seu nome 
  •     Sinten que é xusto que se lles escoite cando se tratan temas que afectan as súas vidas 
  •     Queren contribuír a mellorar a súa contorna e a construír un mundo mellor 
  •     Participar en cuestións que lles afectan permítelles coñecerse mellor e axuda a construír a súa autoestima, a súa resiliencia e a súa capacidade de autoprotección 
  •     A participación infantil efectiva supón un desafío aos sentimentos de impotencia e indefensión a miúdo asociados á infancia 
  •     A participación capacita a nenas, nenos e adolescentes para abordar os abusos e neglixencias que poidan cometerse contra os seus dereitos 
  •     A participación ofrécelles a oportunidade de desenvolver: escoita, traballo en equipo... 
  •     Os procesos de participación ofrécenlles a posibilidade de relacionarse con outros nenos o cos adultos desde unha perspectiva diferente 
  •     A participación é interesante, é emocionante, é educativa… E pode ser divertida! 
  •     Os nenos, nenas e adolecentes teñen moito que dicir! 

 

 

Participación infantil e adolescente

Ideas para que a participación na aula e o centro educativo contribúa a desenvolver o máximo potencial de cada estudante.

Descúbreas

Descobre máis sobre as posibilidades da participación na escola

Coñece os nosos materiais sobre participación infantil e adolescente

Por mí e por todos os meus compañeiros!

Entre todos podemos desenvolver un plan para celebrar un Día da infancia inolvidable.
20 de novembro: Cambiemos as reglas de xogo!
Próximamente