Os patóxenos máis buscados

Colección de fichas para coñecer os patóxenos que máis ameazan a saúde da infancia en tdoo o mundo e como evitalos

As enfermidades infecciosas son un importante problema de saúde pública, tanto nos países en desenvolvemento como nos países desenvolvidos. Cada ano, rouban a millón de nenos, nenas e adolescentes horas de estudo, xogo e descanso, chegando incluso a producirlles a morte ou graves secuelas que dificultarán su desenvolvemento.

A pesares de que o avance dos tratamentos médicos permite reducir a incidencia ou gravidade destas enfermidades, non podemos esquecer que a prevención é clave. Desde pequenos necesitamos entender os fundamentos biolóxicos das enfermidades infecciosas para poder tomar decisións axeitadas de hixiene e prevención, como o lavado de mans, a conservación de alimentos, a ventilación de espazos ou as vacinas. A educación para a saúde protéxenos dos bulos e fake news que poñen en perigo a nosa supervivencia.

 

Patóxenos mais buscados: Fichas

Esta colección de fichas:

  • Presenta os patóxenos que causan algunhas das enfermidades máis graves para a infancia, como a pneumonía, a meningite ou a diarrea.
  • Pódese utiilizar como unha presentación xeral na aula ou seleccionar unha única ficha para tratar con máis profundidade un determinado patóxeno.
  •  Xunto ao cartel Búscase: Coronavirus, sirve de apoio á actividade Deseña unha campaña de saúde pública que anima ao alumnado a poñer a súa creatividade ao servizo da prevención de enfermidades.
  • Contén ilustracións que acercan as fichas aos máis pequenos pero tamén esquemas estructurais e imaxes ao microscopio que permiten abordar co alumnado de cursos superiores cuestións relevantes sobre a representación gráfica e o seu impacto na divulgación científica.

 

Descarga 


Patóxenos incluídos na edición: SARS-CoV-2 (coronavirus), Paramixoviridae (familia de virus), Neisseria meningitidis (bacteria), Streptococcus pneumoniae (bacteria), Salmonella (bacteria).

Conceptos clave: enfermidades, patóxenos, virus, bacterias, fungos, protozoos, hixiene, auga, saneamento, lavado de mans, hixiene alimentaria, saúde, educación, COVID-19, prevención de enfermidades, saúde pública, comunicación social.

Dirixido a: centros educativos, docentes de Educación Primaria e Secundaria, equipos directivos, familias, educadores.

Dispoñible en: GAL | CAS

Data de publicación: setembro de 2020

Edita: UNICEF España

Actividades e recursos relacionados

 

Educar na saúde

Este novo curso pode ser unha oportunidade para reflexionar e mellorar algunhas cousas que pasamos por alto no noso día a día. Se queres coñecer máis ideas e propostas sobre saúde, educación e COVID-19, podes atopalas na nosa guía de materiais e actividades "Educar en saúde".

SABER MÁIS