Buscando o informe de Martin Smith

  • Breakout educativo de misterio para Educación Secundaria.

  • Martin Smith, un coñecido activista xuvenil en favor do medio ambiente e dos dereitos dos pobos indíxenas necesita axuda para recuperar un informe que lle roubaron.

 

 

O obxectivo do xogo é solucionar un enigma para protexer os dereitos dunha persoa ou colectivo, poñendo énfase na resolución de conflitos de forma non violenta. Póñense de relevo cuestións como a responsabilidade social, sendo críticos cos prexuízos e estereotipos. Apélase tamén á necesidade de aplicar estratexias eficaces na resolución de conflitos alleos ou que non nos afectan persoalmente, intentando construír unha sociedade baseada na paz e cambiando a cultura da violencia que nos rodea.

Este tipo de proposta permítenos considerar conflitos multifactoriais e abordalos desde a suma de accións de múltiples actores, necesarias para construír unha solución.
 

 

Dereitos da infancia vencellados/relacionados:

  • Dereito á protección fronte á violencia.
  • Dereito á participación e á liberdade de expresión.
  • Dereito á saúde, á auga, á alimentación e ao medio ambiente.
  • Dereito ao acceso á información.
  • Dereito á liberdade de asociación e reunión.
 

Como se xoga?

 

Proponse un breakout, un xogo que consiste en resolver unha serie de enigmas para poder chegar ao final.

Neste caso, poñémonos na pel duns detectives para tratar de recuperar o informe dun activista medioambiental chamado Martin Smith. O informe mostra como algunhas accións con impacto sobre o medio ambiente  xeran situacións de conflito e inxustiza social. Unha organización secreta que non quere que estes datos saian á luz roubou e escondeu este informe.

Para podelo recuperar, o alumnado deberá responder correctamente ás preguntas que se fan relacionadas co tema da paz e a non violencia, neste caso vencelladas co medio ambiente.

Segundo o número de alumnos e alumnas da clase, pódese tentar xogar todos á vez en forma de xogo cooperativo, resolvendo conxuntamente os enigmas de cada misión que contén o xogo. Tamén se pode dividir a clase en diferentes equipos, que deberán resolver o misterio formulado antes que os seus contrincantes. Neste caso, gaña o equipo que máis misterios resolva; no caso de que máis de 1 grupo resolvese ben tódolos misterios, gañará o que rematase primeiro.


Despois do xogo, pódese abrir un debate ao redor das preguntas e respostas aparecidas durante o xogo. 


Algunhas ideas e conceptos que se poden salientar durante o debate

 

  • Podemos falar de paz e violencia / non violencia relacionadas co medio ambiente. Por que?
  • Por que as agresións contra o medio ambiente poden ser tamén agresións contra a poboación? Falamos aquí de xustiza socio ambiental?
  • Que persoas se ven máis afectadas pola violencia medioambiental? Por que?
  • Que accións globais ou actitudes individuais poden axudar a construír a paz medioambiental? De que xeito?
  • Que proxectos liderados por mozos e mozas que pretendan manter a paz medioambiental ou con outro enfoque coñecedes? Investigade algúns:
    • Yero Sarr, activista senegalés en contra do cambio climático;
    • Autumn Peltier, activista da primeira nación Wiikwemkoong (Canadá) en favor do dereito á auga dos pobos nativos;
    • Malala Yousafzai, activista paquistaní en favor da educación das nenas.
    • Vibha Venkatesha, activista americana polos dereitos dos migrantes e refuxiados en Estados Unidos
    • Sonita Alizadeh, activista afgá contra os matrimonios forzados, etc. 

Conceptos clave: Convivencia, coidado, paz, medio ambiente, indixenismo, tolerancia, diversidade cultural

Dirixido a: Educación Secundaria

Edita: UNICEF España, decembro de 2023

Conceptualización e produción: Eduxarxa, SCCL

Tamén dispoñible en:  CAS |

Dispoñible en Genially en:  CAS |   CAT |  EUS |  GAL |  VAL |  ENG

 

Descobre máis recursos interactivos sobre paz e non violencia

Escape room: casa do terror

Escape room: casa do terror

Para saír da casa do terror, María só necesita atopar algúns obxectos clave que lle fagan recordar quen é e que dereito…

Xogo de enigma: Descobre o personaxe misterioso

Xogo de enigma: Descobre o personaxe misterioso

Adiviña quen é o personaxe misterioso usando o menor número de pistas posible. Xogo para Ed. Secundaria

Xogo de rol - Paz e non violencia

Xogo de rol - Paz e non violencia

Neste xogo exponse dúas situacións cun posible conflito no que cada personaxe mostra unha actitude e unha opinión difer…

Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

Xogo para aprender que as fórmulas de cortesía son unha forma respectuosa de relacionarse con quen nos rodean, promoven…

Xogo: Abre a puerta correcta!

Xogo: Abre a puerta correcta!

Como educar en actitudes que fomenten o respeco e a non violencia?

Quiz de actualidade - Paz e non violencia

Quiz de actualidade - Paz e non violencia

Resolvede este quiz no que se presentan preguntas ligadas a algúns feitos violentos da actualidade e coas que deberedes…

Sopa de letras sobre prevención de conflitos

Sopa de letras sobre prevención de conflitos

Resolvede as preguntas relacionadas coa resolución de conflitos e a cultura da non violencia deste xogo.

Xogo: A casa da paz

Xogo: A casa da paz

Xogo para Educación Infantil que nos axuda a identificar contornas de paz cotiás

Xogo: Como se sinte?

Xogo: Como se sinte?

Xogo para aprender a identificar emocións e construír contornas amigables en Educación Infantil

 

Estes recursos educativos forman parte dun proxecto financiado por MDSA2030/NextGenUE/PRTR - Orden DSA/1110/2022, de 17 de novembro – Modernización Tercer Sector -Exp.77/22

U50 logo MDSA2030 NGEU 0
 

Primavera de 2024

Pon a túa gota!
Carreiras de solidariedade

Coa chegada da primavera, miles de estudantes mobilizan nas súas escolas e institutos para apoiar o traballo de UNICEF en auga, medio ambiente e emerxencias humanitarias. ¿Queres que a túa comunidade educativa engada as súas gotas?