UNICEF está a responder ante a fame en Somalia

Somalia enfróntase a unha das peores emerxencias nutricionais a nivel mundial. Recentemente, Nacións Unidas declarou estado de fame noutra rexión de Somalia, Bay, co que xa son 6 as rexións que se encontran nesta grave situación.

Nacións Unidas tamén advertiu que todo o sur de Somalia podería entrar nunha situación de fame, polo que é necesario poñer en marcha accións inmediatas. Os distritos nos que se declarou fame ata o momento sonLower Shabelle, Bakol, Middle Shabelle (as áreas agropastorales de Balcad e Cadale), os asentamentos de desprazados no corredor de Afgoye, a comunidade de desprazados de Mogadiscio eBay.

os nenos en risco

Calcúlase que hai3.700.000 persoas en necesidade de axuda humanitaria urxente, dos que 1.850.000 son nenos. Especialmente delicada é a situación dos 780.000 nenos que sofren desnutrición aguda (destes o 85% encóntranse nas rexións do sur de difícil acceso). Na maior parte das rexións do sur do país, 1 de cada 6 nenos ten desnutrición aguda severa. EnBay esta situación é aínda peor: 1 de cada 5 nenos sofre desnutrición e está en risco de morrer. Ademais, o conflito en Somalia está a causar un gran número de desprazados. Dende o 1 de xullo, máis de 15.300 persoas, entre elas as 9.000 nenos, desprazáronse a Mogadiscio e unha media de 1.100 ao día, dos que 850 son nenos, foxen a Kenya e Etiopía.

Resposta inmediata de UNICEF

Ante esta situación, as accións que está a desenvolver UNICEF, ademais do aumento do envío de subministracións son :

Tratamento de nenos con desnutrición ealimentación terapéutica:

  • UNICEF apoia 800 centros de alimentación terapéutica en Somalia, 500 deles no sur do país
  • Subministrousealimento terapéutico para 510.000 familias (máis de 3 millóns de persoas).
  • Tratáronse 33.360 casos de nenos con desnutrición severa dende xullo. O obxectivo é cubrir 200.000 nenos (polo menos 100.000 nos próximos 6 meses).
  • Cobertura das necesidades dos nenos con desnutrición aguda moderada. Aténdense a 16.500 nenos ao mes, pero o obxectivo é chegar a 198.000 persoas (polo menos 99.000 nos próximos 6 meses).

Saúde e inmunización:

  • Cobertura da inmunización contra o sarampelo para 2.500.000 nenos de ata 15 anos.
  • Subministración devitamina A para 1 millón de nenos de entre 6 e 59 meses, e de tratamento dedesparasitación para 900.000 nenos de 12 a 59 meses.
  • En auga, saneamento e hixiene, o obxectivo é a mellora das instalacións para beneficiar a 300.000 nenos e as súas familias. Trátase doutra das áreas fundamentais de actuación, sobre todo tras a confirmación do aumento de casos de cólera enMogadiscio, a capital.
  • As áreas deeducación e protección da infancia son tamén clave na resposta de UNICEF. A volta á normalidade e á rutina é fundamental para a saúde psicolóxica dos nenos. A través dos Espazos e Escolas Amigas da Infancia, os nenos teñen acceso a servizos básicos (como alimentos e auga), e oportunidades para xogar e ser nenos.