Kenya: campaña de vacinación nos campamentos

O obxectivo é protexer os nenos da pneumonía, unha das principais causas de mortalidade infantil en todo o mundo.

Oscampamentos de refuxiados de Dadaab en Kenya están a levar a cabo unha campaña de vacinación contra opneumococo. Esta medida é especialmente importante nestes momentos polas propias condicións dos campamentos:masificación (os tres albergan 430.000 persoas) ebaixas condicións de hixiene e saneamento.Dadaab converteuse noterceiro maior centro de poboación de Kenya, despois da capital, Nairobi e a cidade portuaria de Mombasa, e o número segue crecendo, xa que seguen chegando 1.200 somalís ao día.

En todo o mundo, apneumonía cóbrase a vida de preto de 1,5 millóns de nenos menores de 5 anos- máis que a SIDA, a tuberculose e a malaria xuntas. En Kenya, apneumonía é responsable de 30.000das 124.000 mortes anuais dos nenos menores de cinco anos."A vacina contra o pneumococo prevén os nenos da pneumonía e a meninxite. A pneumonía é unha das principais causas de mortalidade infantil, polo que é bo que os refuxiados estean a recibir esta vacina," afirmou Ranganai Matema, Oficial de Saúde de UNICEF enDadaab

a historia de Hubia e os seus seis fillos

Hubia Aden e os seus seis fillos chegaron recentemente a Hagadera, un dos campamentos deDadaab. Tiveron que camiñar durante 21 días dende Kibiyow (situado ao norte de Somalia) ata chegar ao campamento. O seu marido quedou enSomalia para coidar das tres vacas que sobreviviron. Foi unha decisión mutua, pero espera reencontrarse con el pronto. Durante o proceso de rexistro de refuxiados, Hubia e os seus fillos recibiron unhaporción de comida durante tres semanas, ademais doutras subministracións básicas, roupa e un teito. Tamén se inmunizou os seusfillos.

Nos campamentos, ademais da protección contra a polio, osarampelo e a difteria, os nenos menores dun ano reciben unha vacina contra opneumococo. Así que o fillo máis pequeno deHubia, Mohammed, de 9 meses, recibiu máis inxeccións que os seus irmáns. "Non" había "hospitais en Somalia, e os meus fillos non estaban vacinados, dixo Hubia. Creo que é importante porque a min me vacinaron de pequena. Isto axudará a que os meus fillos non se enfermen".