Thailandia: 300.000 artigos de hixiene, saneamento e auga para as vítimas das inundacións

UNICEF está a proporcionar máis de 300.000 artigos de hixiene, saneamento e auga, así como pastillas de xabón, gotas de cloro para purificar a auga, xel para lavarse as mans e bolsas de lixo, ás familias afectadas polas inundacións, co fin de contribuír a previr a propagación de enfermidades transmisibles.

Os artigos, adquiridos no propio país, están a chegar ás familias afectadas a través do Ministerio de Saúde Pública. A este organismo entregáronselle onte preto de 27.000 botellas de cloro, que poden usarse para potabilizar 2.000 litros de auga cada unha, e hoxe mesmo 7.000 botellas de xabón líquida. A próxima semana proporcionaranse unhas 200.000 pastillas de xabón e outras 33.000 botellas de cloro.

necesítanse 1,2 millóns de dólares

UNICEF fixou en 1,2 millóns de dólares as necesidades presupostarias paraproporcionar axuda de emerxencia easistencia aos nenos e familias afectadas polas inundacións nas áreas de saúde, protección infantil, subministración de auga e saneamento, promoción da hixiene e educación.

"A hixiene e o saneamento son sempre unha gran preocupación en calquera inundación", sinalou Tomoo Hozumi, Representante de UNICEF en Thailandia. "Aínda que non se notificaron brotes ata o momento, as augas contaminadas das inundacións poden ocasionar enfermidades. O risco destas enfermidades pode reducirse a través dun saneamento axeitado e a mellora nas prácticas de hixiene, como lavarse as mans frecuentemente,". O número de nenos que morreu durante as inundacións tamén é motivo de preocupación, agregou Hozumi. Ata a data, as inundacións cobráronse 533 vidas, incluíndo 77 nenos. A maioría das mortes de nenos, dos que o 70% eran menores de 17 anos, foron por afogamento. "Os nenos que se encontran atrapados en casas rodeadas pola auga non teñen espazo para xogar, polo que rematan xogando na auga. Debido a que moitos nenos tailandeses non saben nadar, isto entraña un gran risco".UNICEF distribuíu folletos con información sobre accións prácticas e sinxelas que as familias deberían adoptar para protexer a saúde e o benestar xeral dos seus fillos.

Protexer os nenos, máxima prioridade

UNICEF apoiou a creación de EspazosAmigos da Infancia en40 centros de evacuación, para proporcionar lugares seguros para actividades recreativas e deapoio psicosocial para os nenos, así como formación no rexistro de nenos e a prevención do abuso e a explotación infantil nos centros. Mentres as augas están a retroceder nalgunhas provincias,UNICEF distribuirá Escolas nunha maleta a uns 1.000 colexios que resultaron seriamente danados polas inundacións. Cada Escola nunha maleta contén materiais básicos para a aprendizaxe e o ensino a un máximo de 80 alumnos, e emprégase para que os nenos continúen aprendendo en espazos temporais mentres se reparan e reconstrúen as súas escolas.