Sahel: UNICEF e os seus aliados prepáranse para o peor

Abril marca o comezo da tempada de seca na rexión do Sahel. Só chove unha vez ao ano no Sahel, unha rexión árida que se estende por Níxer, Mauritania, Malí, Burkina Faso, Chad, Nixeria, Senegal e Camerún. Pero o ano pasado non choveu o suficiente, e agora a crise é inminente.

10 millóns de persoas enfróntanse á inseguridade alimentaria. "Estimamos que en 2012 haberá máis de 1 millón de nenos sufrindo desnutrición aguda grave", dixo David Gressly, Director Rexional de UNICEF para África Occidental e Central. "É importante saber que a desnutrición pode matar".

Unha crise que vén avisando

Moitos desastres naturais acontecen sen previo aviso. O caso de Sahel é diferente. É unha emerxencia que se vén xerando como resultado da suba do prezo dos alimentos, as malas colleitas e a fraxilidade profunda da vida na rexión.

As familias están a vender os seus gañados, o que os fai máis vulnerables cando chegue a tempada de fame. Non obstante, unha crise que se pode predicir é unha crise para a que se pode estar preparado. "De abril a xuño é cando isto se vai xerar como unha verdadeira crise. O que estamos a facer é estar preparados para cando isto suceda", dixo Gressly.  

UNICEF traballa en tres fases

"Basicamente estamos a traballar en tres fases", explicou Gressly. "A fase de resposta: a resposta de emerxencia para facer fronte ao aumento da desnutrición nos oito países. En segundo lugar, a creación de redes de seguridade en cada un destes países, como xa se fixo enNíxer para afrontar os casos dedesnutrición deste ano e que veremos con probabilidade nos próximos anos. Por último, facer fronte á natureza crónica do problema, construíndo os mecanismos para que isto non aconteza no futuro e facendo fronte aos factores subxacentes,".

A través destas fases, o principal foco de UNICEF será asegurar que os nenos non só reciban alimentos, senón tamén otratamento médico e terapéutico necesario para que esta crise non lles afecte no seu desenvolvemento.