Eva González coñece o traballo de UNICEF en Etiopía

A presentadora de televisión Eva González viaxou a Etiopía para coñecer a situación da infancia e o traballo de UNICEF contra a desnutrición infantil.

Durante a súa estanza neste país, visitou os programas que desenvolve a organización, xunto ao Goberno e ONG locais, para previr e tratar a desnutrición infantil. O traballo céntrase en realizar controis periódicos para detectar a falta de micronutrientes, poder diagnosticar problemas de nutrición e aplicar as solucións correspondentes en cada caso.

Eva González mostrouse especialmente interesada nun dos programas implantados por UNICEF en Etiopia, que consegue que os membros das propiascomunidades se impliquen na posta en práctica de medidas destinadas a previr, detectar e tratar os casos de nenos con desnutrición. En total, hai máis de34.000 voluntarios que prestan este servizo en máis de 10.000 postos distribuídos por todo o país.

"Ver como cambian as caras das nais que acoden ao control de crecemento, dá unha visión real do traballo que fai UNICEF por eles. A preocupación vólvese ilusión cando saen destes postos", dixo Eva González durante a súa visita á rexión de WolaitaSodo, onde os170.000 nenos que alí viven reciben aatención necesaria para evitar e tratar a desnutrición.Coincidindo con esta viaxe, Eva González foi nomeada Amiga de UNICEF Comité Andalucía, co que colabora dende 2008. Nestes anos apoiou numerosas campañas e proxectos na comunidade andaluza a favor da infancia. Tanto Eva González coma Radio Televisión de Andalucía, RTVA, súmanse á loitacontra a desnutrición infantil. Canle Sur poñerá en marcha unha programación especial para concienciar a poboación sobre a situación de millóns de nenos en Etiopía, a través de varias reportaxes elaboradas durante esta visita ao país africano.