Cataluña con Haití

Coincidindo co primeiro ano do terremoto que azoutou Haití, dez organizacións de Cataluña uniron esforzos na iniciativa Cataluña con Haití: Haití, un terremoto que dura séculos.

A iniciativa pretende informar oscidadáns sobre a situación na que se atopa a poboación haitiana un ano despois do terremoto e cal é otraballo que están realizando asorganizacións de Cataluña.

Tamén lles rende homenaxe ás vítimas do terremoto, para o cal se realizarán distintos actos nos que se analizará o pasado, o presente e o futuro de Haití.

Organizacións participantes

A iniciativa está liderada pola Federación de ONG para o Desenvolvemento (FCONGD) en Cataluña, que actúa como entidade aglutinadora do resto de organizacións que participan.

Na listaxe das ONG participantes atópanse: Acción contra el Hambre, Ayuda en Acción, Asamblea de Cooperación por la Paz, Cruz Roja Cataluña, Farmamundi, Intermón Oxfam, Manos Unidas, Observatorio de la Deuda en la Globalización, Save the Children e UNICEF.

Actividades por Haití

exposición de fotografías e vídeos das ONG que participan na iniciativa. A exposición, que ten lugar noPalau Robert de Barcelona, inaugurouse o pasado 18 de xaneiro e poderase visitar ata o vindeiro 13 de febreiro. Ademais, programouse para o vindeiro 30 de xaneiro unha bicicletada popular e a representación da obra de teatro Paso a paso hacia la paz (Paso a paso cara á paz).

A axenda da campaña pecharaa o 1 de febreiro a mesa redonda:La cobertura informativa de la emergencia. ¿Qué imagen se dio del pueblo haitiano? (A cobertura informativa da emerxencia. Que imaxe se deu do pobo haitiano?), moderada por Rita Marzoa, Directora e Presentadora do programa de Cataluña Radio Solidaris. Nela participarán Antonia Paradela, que foi Directora de Comunicación de UNICEF Haití tras o terremoto, e Eduard Sanjuan, Director e Periodista de TV3.

Programa actividades Cataluña con Haití