Ante a crise política de Costa de Marfil, hai que protexer os nenos

A crise política en Costa de Marfil pode pór en risco a situación da infancia no país. UNICEF pediulles aos líderes do país que, mentres dure a inestabilidade política, aseguren a protección dos nenos ante episodios violentos, que garantan o acceso á escola e aos servizos sanitarios.

En calquera crise ou emerxencia, a infancia é sempre a máis vulnerable. Ante esta situación, UNICEF pídelles aos líderes comunitarios un traballo de responsabilidade a favor da infancia do país.UNICEF e os seus aliados están atendendo as necesidades dos desprazados internos e daqueles que cruzaron as fronteiras cara a Liberia e Guinea. Máis de28.000 ebúrneos, dos que máisdo 75% son nenos e mulleres, refuxiáronse encomunidades deLiberia, onde as familias que os acollen xa tiñan problemas para acceder a alimentos, refuxio, auga, saneamento e servizos sanitarios. Oprezo dos alimentos incrementousegradualmente na rexión occidental de Costa de Marfil desde o inicio da crise. A longo prazo, isto pode afectar a situación nutricional dos nenos que viven nas familias máis pobres e que se viron obrigadas a usar as súas reservas.

Reparto de subministracións

No oeste de Costa de Marfil, UNICEF xa distribuíu 20 toneladas de subministracións no oeste para asistir a poboación necesitada. Tamén se preparou unha campaña contra a febre amarela para evitar que se propague o brote que está a afectar a dous distritos do país, e que xa se cobrou 25 vidas desde finais de outubro de 2010