Cada gota
conta

Implica a toda a comunidade educativa na campaña Gotas do teu centro

#gotasUNICEF

 

Gotas de solidariedade

Desde hai máis de dez anos, as carreiras de Gotas permiten a escolas, colexios e institutos  unir a todas ás súas comunidades educativas na procura dun obxectivo común: mellorar o acceso a auga da infancia en todo o mundo e defender os dereitos de todos os nenos, nenas e adolescentes á saúde, a educación e a un medio ambiente saudable. Ademais, as carreiras de Gotas serviron a moitos centros educativos para poñer os seus esforzos ao servizo da axuda de emerxencia ante catástrofes humanitarias.

Unha nova forma de colaborar

O avance dixital e a crecente sensibilidade social cara a mecanismos máis rápidos e transparentes de contribución, fannos evolucionar cara a unha nova forma de colaboración que esperamos que facilite o proceso a todos os centros educativos participantes na campaña de Gotas.

Icono de un lápiz

EN LIÑA

Dixitalizamos o proceso para que sexa máis cómodo, eficaz e transparente

 

 

CLARIDADE

As familias contribúen sabendo, sen lugar a dúbidas, que están colaborando co traballo de UNICEF.

 

SEGURIDADe

O centro educativo evita as complicacións de manexar cantidades en efectivo durante e despois da carreira .

 

 
Icono de un grifo

FISCALIDADe

Cada familia pode desgravar a doazón realizada, se así o desexa.

 

 

AGRADECEMENTO

O centro educativo ve recoñecida a súa colaboración.

 

 
Una mujer limpia un panel solar

En liña

Cando o centro educativo inscribe a súa carreira de Gotas e pide os dorsais, recibe unha ligazón a un formulario de doazóns personalizado para que as familias participantes podan contribuír. Esta ligazón inclúe un código único e o nome do voso centro, para que podamos saber que proveñen da vosa campaña.

Una mujer analiza agua en un laboratorio

Claridade

A doazón prodúcese directamente na nosa web. Isto impulsa a confianza en que a cantidade aportada efectivamente chega a destino e supón unha maior transparencia no proceso.

Un grupo de niñas en una escuela

Seguridade

As doazóns en efectivo, incluso se o importe é baixo, poden supoñer riscos para o persoal do centro responsable de manexalos e ingresalos. Tamén pode ser incómodo para algunhas familias que os nenos e nenas leven cartos ao cole, especialmente se son pequenos.

Un niño rellena un recipiente en una fuente

Fiscalidade

Ao realizar a doazón de maneira directa, cada doante pode beneficiarse da desgravación correspondente.

Una niña sostiene un recipiente con agua sobre su cabeza

Agradecemento

O centro non ten acceso ao detalle das doazóns, por política de protección de datos, pero si recibe información sobre a cantidade total lograda na súa campaña, así como o diploma que recoñece a participación na actividade.

Preguntas frecuentes sobre a organización das carreiras
 

  1. O centro decide a data e o lugar de celebración da proba e deseña o circuíto. Por exemplo, a semana do 22 de marzo, Día Mundial da Auga, pode ser unha data idónea, pero calquera outra é benvida.
  2. Cumprimenta o formulario de inscrición
  3. Unha vez enviado, recibirás un correo electrónico que te informará de que se iniciou o proceso de envío de dorsais e incluirá a ligazón á páxina que podes compartir coas familias para que contribúan. Posteriormente recibirás outro correo que che confirmará que xa se enviaron os dorsais.
  4. Importante: solicita os teus dorsais ao menos 15 días antes da carreira, para que poidan chegar a tempo.
  5. Preparade as propostas educativas que acompañarán á carreira. Podedes atopar información e recursos na nosa web.
  6. Cada participante marca un obxectivo económico individual, consensuado cos seus pais ou titores legais. A continuación busca os seus patrocinadores entre a súa familia e amigos e solicítalles unha aportación económica por cada volta ao circuíto que sexa capaz de dar para axudarlle a cubrir o seu obxectivo.
  7. Publicade fotos ou vídeos das actividades realizadas no blog do voso centro educativo. Recordade avisarnos para que podamos darlle difusión. Tamén podedes difundir a vosa actividade en redes sociais: #GotasUNICEF  Encantaranos ter noticias da vosa carreira!
  8. Todos os centros participantes serán recoñecidos como Centro Colaborador da Campaña Gotas.

Si, a posibilidade de que o centro educativo recolla as doazóns en efectivo e os ingrese segue existindo. Se se segue esta vía, todo o recadado é recollido polo centro educativo que o fará chegar a UNICEF facendo un ingreso na conta do Banco Santander -  IBAN: ES72-0049-1892-67-2910381058

Si, na actualidade dispoñemos doutras dúas vías para facilitar a contribución das familias nas carreiras:

  • A través de doazóns SMS
  • A través de Bizum

Se vos interesara esta posibilidade, podedes contactar coa oficina de UNICEF da vosa comunidade autónoma, para recibir máis información sobre se están abertas estas opcións e o modo no que podedes promocionalo.

DÚBIDAS?

Contacta connosco

Necesitas máis información sobre a inscrición, a organización dunha carreira ou a contribución a Gotas?

Se tes algunha dúbida, podes poñerte en contacto connosco en [email protected] ou a través da oficina de UNICEF en Galicia: [email protected].