Dereitos de infancia e cambio climático: vídeos

Vídeos para tratar na aula o cambio climático desde unha perspectiva de participación infantil e xuvenil

 

Voces desde a liña de fronte do clima

A infancia ten moito que dicir sobre o cambio climático! Neste vídeo, nenos e nenas de diferentes países responden a varias preguntas sobre o cambio climático: Que significa o cambio climático para ti?, Que será diferente cando sexas maior?, Que lle pedirías aos líderes mundiais? O vídeo ten como obxectivo provocar unha reflexión en clase sobre o que cada un de nós queremos facer polo planeta e os nosos dereitos. Este vídeo forma parte da actividade para Educación Primaria "Voces para defender o planeta"

O vídeo está dispoñible en YouTube con subtítulos en varios idiomas : CASGAL | ENG

 

 

Climatízate!

España é un dos países europeos máis vulnerables ao cambio climático. Por iso pedimos a nenos e nenas do Consello de Infancia e Adolescencia de Alcobendas (Madrid) que reflexionasen sobre o impacto que ten en España: Que é?, que podemos facer cada un de nós? Eles teñen moi clara a conclusión: o cambio climático está hoxe, xa, nas súas vidas.

Este vídeo forma parte da actividade para Educación Primaria "Voces para defender o planeta"

 

Economía Circular: descobre o que é antes de que rebente o Plante

Este vídeo da Fundación COTEC fala sobre o cambio climático desde unha perspectiva diferente, que da aos adolescentes poder como consumidores e como creadores dun futuro con regras de consumo diferentes.  Este vídeo forma parte da actividade para Educación Secundaria "Misión: un futuro sustentable".

 

Actividades e recursos: Dereitos da infancia e cambio climático

Voces para defender o planeta

Voces para defender o planeta

Actividade para Educación Primaria

Cuento: Los tres cerditos y el viento feroz

Os tres porquiños e o Vento Feroz

Misión: un futuro sostible

Misión: un futuro sostible

Actividade para Educación Secundaria / Bacharelato

Protexémonos do clima

Protexémonos do clima

Actividade para Educación Infantil

Guía do curso 2017-2018: Dereitos de infancia e cambio climático

Guía do curso 2017-2018: Dereitos de infancia e cambio climático

Educación en dereitos e cidadanía global. Guía do curso 2017-2018. Actividades e recursos

Vémonos en setembro!
Vacacións 2024

Desexámosvos un moi bo verán de descanso e bos momentos durante este período de vacacións escolares. Vémonos en setembro con máis novidades. Se non queres perder nada do que está por vir, podes subscribirte ao noso boletín de noticias.

SuBscribirme