Que é WASH e por que é tan importante?

Presentación para a aula para coñecer mellor o traballo de UNICEF en auga, hixiene e saneamento

Presentación para el aula

 

  • Esta presentación explica de forma doada o traballo de UNICEF para levar auga, hixiene e saneamento a nenos e nenas de todo o mundo.
  • Pode utilizarse como apoio na campaña escolar #GotasUNICEF do centro educativo.

Descarga O PDF

Tamén dispoñible en: CAS 

Cando participamos nas carreiras e eventos solidarios de #GotasUNICEF, estamos contribuíndo ao programa WASH de UNICEF e é importante sabelo para poder saber que se consegue coas gotas que reunimos en cada carreira ou actividade.

WASH son as siglas en inglés de "auga, hixiene e saneamento" (Water, Sanitation, Hygiene) e serve de título ao programa de auga e medio ambiente de UNICEF. Cando falamos de WASH, falamos de todas as políticas, estratexias, programas e accións que UNICEF leva a cabo en todo o mundo para garantir o cumprimento do dereito á auga de nenos, nenas e adolescentes. Isto inclúe infraestruturas, subministracións, formación, alianzas e todo tipo de accións destinadas a que as comunidades teñan acceso seguro a auga, hixiene e saneamento, mesmo en situacións de emerxencia humanitaria, e que poidan desenvolver autonomía no seu mantemento e mellora.

Explicar isto nunha aula pode ser complicado, porque implica moitas cuestións técnicas que resultan difíciles de abordar mesmo para os adultos non especialistas nesta temática. Por iso, preparamos esta presentación que achega, de modo moi resumido e simplificado, o programa WASH aos públicos máis novos.

Como usar a presentación

Esta presentación non abarca todos os aspectos relacionados coa auga, o saneamento e a hixiene, senón que aborda especificamente algúns dos ámbitos de intervención do programa WASH con imaxes que ofrecen exemplos concretos de logros conseguidos.

Esta presentación pode servir de apoio á celebración das carreiras #GotasUNICEF no centro educativo e complementarse con outros materiais que abordan outros aspectos do dereito á auga e ao medio ambiente.

Podes apoiarte nas imaxes para iniciar unha reflexión na aula sobre os seus protagonistas e as súas circunstancias:

  • Como cres que era a súa vida antes? Era máis difícil? Como cres que conseguían acceso a auga/hixiene/saneamento cando non tiñan acceso ás instalacións que aparecen na imaxe?
  • Que beneficios cres que houbo nas súas vidas? Que aspectos das súas vidas poden mellorar?
  • A solución que aparece na imaxe é permanente ou provisional? Que terían que facer eles, as súas comunidades, os seus gobernos, etc. para mellorar a situación?

 
Portada del documento

 

Interésache se: o teu centro contribúe á campaña #Gotas UNICEF e necesitas un documento sinxelo para explicar ao alumnado o obxectivo das carreiras e actividades.

Conceptos clave: educación en dereitos, infancia, adolescencia, auga, saneamento, hixiene, medio ambiente, sustentabilidade, ODS, cooperación, solidariedade.

Dirixido a: Docentes, educadores, institucións educativas.

Dispoñible en PDF en: CAS | CAT | EUS | GAL | VAL

Edita: UNICEF España, 2026

 

 

 

Descarga O PDF

Tamén dispoñible en: CAS 

 

#gotasUNICEF

Carreiras solidarias

Pon a túa gota!

Cada ano, milleiros de estudantes mobilízanse nas súas escolas e institutos para apoiar o traballo de UNICEF en materia de auga, medio ambiente e emerxencias humanitarias. Queres engadir as túas gotas?

Máis información

Una niña en un campo de atletismo
Una niña en un campo de atletismo
Una niña en un campo de atletismo