Glosario sobre non violencia, paz e bo trato

Recompilación de termos de uso frecuente para actividades educativas na aula.

 

Glosario sobre non violencia, paz e bo trato

Estas definicións, explicadas en linguaxe accesible e con algúns exemplos, pódennos servir para aclarar algúns conceptos importantes sobre paz, non violencia e bo trato.

Para entender un tema tan complexo como a paz e o poder educar efectivamente na non-violencia é fundamental poder achegar ao noso alumnado os termos que se usan para falar dela. Que é a paz? É o mesmo que a ausencia de guerra? Que entendemos por violencia? A violencia e o conflito son o mesmo? Que é a ira e que é a agresión?

Coñecer a linguaxe e dominala dalle profundidade e liberdade ao debate e permítenos ampliar o noso coñecemento e competencias.

Usar estes conceptos na aula e traballar sobre eles permitiranos ter unha base conceptual compartida común para entender mellor o conflito, os súas causas, contexto e posibles solucións. Falar unha linguaxe común permítenos chegar a solucións compartidas.

Descarga o PDF

Conceptos clave: Agresividade, asertividade, autocontrol, bo trato, ciberviolencia, confianza, conflito, Convención sobre os Dereitos do Neno, convivencia, cooperación, coidado, cultura de paz, cultura de violencia, discriminación, empatía, escalada de violencia, estereotipo, honestidade emocional, inclusión, ira, malentendido, mediación, non violencia, paz, prexuízo, protección, reconciliación, resolución pacífica de conflitos, respecto, triángulo da violencia, tribalismo, violencia.
Dirixido a: docentes de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional, equipos directivos de centros educativos, técnicos municipais de infancia, familias.
Edita: UNICEF Comité Español
Descarga o PDF: GAL | CAS | ENG
 
 

Recursos educativos da guía do curso 2018/19: A salvo na escola