Soños - A escola como lugar de paz

Actividade para a aula de Educación Primaria que utiliza os debuxos animados e o conto para poder reflexionar na aula sobre o respecto ás diferenzas, a empatía e o bullying.

 

 

Soños - A escuela como lugar de paz

 

Propoñémosche unha reflexión para a aula sobre a responsabilidade que todos temos de superar as nosas diferenzas e lograr que a aula e o centro educativo sexan contornas de non-violencia. Que nos fai ser diferentes? Que temos en común? Por que é importante traballar en equipo?

A unidade didáctica contén preguntas para traballar na aula co vídeo de debuxos animados "Soños". Ademais proponnos dous recursos adicionais: o conto "Susana e Ana" e a curtametraxe "Lou" para afondar máis sobre o tema do bullying. A empatía e a capacidade de entender a outros é clave!

Na guía do curso de recursos e actividades "A salvo na escola", podes atopar ideas para o tratamento didáctico en Educación Primaria dos temas relacionados coa violencia

Descarga o PDF

 

Conceptos clave: Paz, non violencia, resolución pacífica de conflictos, bo trato, amizade, intolerancia, abuso, discriminación, imaxes, estereotipos, igualdade, inclusión, bullying.

Dirigido a: docentes de Educación Primaria, equipos directivos de centros educativos, técnicos municipais de infancia, familias.

Edita: UNICEF Comité Español

Descarga el PDF en: GAL | CAS | ENG

Recursos educativos da guía do curso 2018/19: A salvo na escola