A Xornada Solidaria logra fondos para sacar máis de 1.000 nenos da desnutrición aguda

 

2012 remata con boas noticias: os afeccionados envorcáronse coa Xornada Solidaria organizada por Endesa, ACB e UNICEF España, enviando 36.500 SMS para combater a desnutrición infantil. Con esta achega, máis de 1.000 nenos poderán recibir un tratamento completo e saír da desnutrición aguda. Grazas a todos!  

Os afeccionados da Liga Endesa envorcáronse coa Xornada Solidaria organizada por Endesa,ACB e UNICEF España este fin de semana coincidindo coa disputa da Xornada 15. En total, ata este domingo os seguidores enviaron 36.500SMS para meterlle un triplo a desnutrición infantil, un drama humanitario que provoca cada día miles de mortes evitables en todo o mundo. Coa súa achega, a razón de 1,2 euros por cada SMS, recadáronse 43.800 € que permitirán que máis de 1.000 nenos poidan saír da desnutrición aguda recibindo un tratamento completo, que dura entre catro e seis semanas.  

Implicación de equipos e xogadores  

A Xornada Solidaria viviuse en todas as canchas da Liga Endesa, coa imaxe e o número ao que enviar oSMS de colaboración no parqué, pero ademais os xogadores fixeron un chamamento á colaboración con pancartas e camisetas. Sen ir máis lonxe, o clásico entreFC Barcelona Regal e Real Madrid comezou cunha imaxe solidaria, uníndose todos os protagonistas cunha pancarta co lema de "Mételle un triplo á Desnutrición Infantil".  

Agradecemento aos afeccionados  

Consuelo Crespo, Presidenta de UNICEF España, eAlbert Agustí, Director Xeral Executivo da ACB, estiveron presentes no FC Barcelona Regal - Real Madrid e explicaron a importancia da acción solidaria.

Unha vez coñecidos os resultados, os dous dirixentes quixeron agradecer a achega dos afeccionados. "Moitas grazas aos seguidores deste precioso deporte e á ACB, Endesa e todos os que conseguiron que esteamos xuntos coa Xornada Solidaria", explicaba Crespo.

Pola súa banda,Agustí incidiu en que "nin o deporte nin o basket podiamos dar as costas a este problema", agradeceu "a Endesa o liderado nesta iniciativa" e mostrouse moi agradecido "pola achega dos afeccionados, que demostraron que o baloncesto é un deporte solidario; sempre o foi".

Más información:

Dailo Alli, Xefe de Prensa UNICEF España, 609 160 051, [email protected]