Día mundial da Asistencia Humanitaria. Declaración de Anthony Lake

O Día Mundial da Asistencia Humanitaria foi designado pola Asemblea Xeral coincidindo co aniversario do ataque ao cuartel xeral da ONU en Bagdad en 2003. Este día recoñece a quen afrontan o perigo e a adversidade para axudar aos outros

“A natureza do traballo humanitario é a miúdo perigosa. Os traballadores humanitarios enfróntanse a condicións duras e a perigosos riscos con tal de salvar vidas, reconstruír comunidades, e dar testemuño nos conflitos, as catástrofes e as crises.

Estas emerxencias aumentaron en frecuencia e complexidade. Así tamén, aumentou o perigo ao que se enfrontan os traballadores humanitarios e o número de mortos entre eles. Tomemos como mostra só o último mes: En Sudán do Sur foron asasinados traballadores humanitarios por parte de combatentes  armados, mentres apoiaban a misión que pretende chegar aos nenos con desnutrición antes de que sexa demasiado tarde. En Gaza, perderon a vida cooperantes durante ataques con bomba mentres coidaban a enfermos, feridos e persoas que agonizaban, ou mentres consolaban ás familias dos mortos. En Serra Leoa, Liberia ou Guinea, os traballadores sanitarios que están a tratar desesperadamente de salvar vidas ante a epidemia de ébola, sucumbiron ao propio virus mortal. Outros foron ameazados con danos corporais por tratar de deter a propagación da enfermidade. Isto en só un par de semanas, pero os 12 meses anteriores vivimos a perda de moitas máis vidas. No ano 2013 rexistrouse o maior número de mortes de traballadores humanitarios. A principios deste ano, un ataque a un restaurante en Afganistán matou a catro traballadores humanitarios, entre eles dous compañeiros de UNICEF das áreas de nutrición e saúde. A morte destes heroes supón unha perda para toda a comunidade humanitaria e para o mundo. No Día Mundial da Asistencia Humanitaria, choramos as súas mortes e honramos o seu sacrificio. Tamén rendemos homenaxe á dedicación de todos os homes e mulleres valentes que seguen facendo o seu traballo todos os días a pesar dos perigos aos que se enfrontan en acto de servizo pola nosa causa común: un mundo máis seguro, xusto e pacífico.

Pero hai que facer algo máis que render tributo aos nosos compañeiros e amigos. Debemos esixir a protección -sempre que sexa posible-, daqueles que protexen as vidas dos demais, e daqueles que máis necesitan desa protección: os nenos. O incremento das crises humanitarias non debe permitir que diminúa o noso sentido común de humanidade”.

  Máis información sobre as crises humanitarias máis graves para os nenos:

Sudán do Sur. UNICEF lanza hoxe a campaña SouthSudanNOW ante a ameaza de fame

http://www.unicef.es/sudan-del-sur

 Iraq. Miles de nenos sofren a violencia

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/irak-la-crisis-provoca-un-gran-desplazamiento-de-ninos

 Gaza. Reconstruir a infancia

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-de-gaza-un-millon-de-ninos-palestinos-en-riesgo-por-la

 Ébola. o traballo de prevención

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/brote-de-ebola-urgente-frenar-la-propagacion-en-africa

República Centroafricana. 2,3 millóns de nenos sofren as consecuencias do conflito

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/conflicto-en-republica-centroafricana

 Sirya. no cuarto ano dunha guerra olvidada

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-en-siria

 

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 [email protected]