54.000 nenos víronse afectados polo ciclón Pam en Vanuatu

UNICEF lanzou un chamamento de emerxencia para responder á severa devastación causada polo super ciclón Pam na rexión do Pacífico.

A organización fai un chamamento internacional de 2 millóns de dólares para poder atender as necesidades humanitarias inmediatas dos nenos e familias afectados pola tormenta. É posible que esta cifra aumente nos próximos días unha vez sexan efectuadas avaliacións adicionais.

Vanuatu requirirá un amplo apoio para atender as necesidades máis urxentes de auga, saneamento e hixiene, incluíndo a subministración de colectores de auga, pastillas potabilizadoras, xabón e instalacións sanitarias temporais.

264.000 persoas encontrábanse na zona do desastre cando o 13 de marzo, o ciclón de categoría 5, alcanzou as illas onde permaneceu durante todo o sábado 14.

Estímase que polo menos a metade da poboación de Vanuatu (132.000 persoas) se viron afectadas, das cales polo menos 54.000 son nenos.

A directora executiva de UNICEF Nova Zelandia, Vivien Maidaborn, dixo: "Mentres as comunicacións continúan limitadas con só unha torre móbil operativa en Port Vila, recibimos estimacións indican que que o 90% dos fogares da capital foron danados ou destruídos".

"Se ben esperamos actualizacións doutros lugares, isto non presaxia nada bo para moitos fogares das zonas máis remotas de Vanuatu, que adoitan estar construídos con materiais natur
ais e locais como teitos de palla ou chapa que é vulnerable aos fortes ventos e inundacións,".

UNICEF traballa sobre o terreo e está a responder con subministracións de emerxencia e persoal. Os próximos días serán cruciais segundo a magnitude desta emerxencia, da que ata o momento sabemos:

  • Os sistemas de abastecemento e distribución de auga foron destruídos, afectando a boa parte da poboación. Isto aumenta rapidamente o risco de enfermidades transmitidas a través da auga. UNICEF subministrará kits de auga, comprimidos potabilizadoras e ofrecerá o apoio necesario para a distribución de auga, incluíndo a súa chegada aos centros de evacuación nas provincias afectadas.
  • Subministracións médicas: as primeiras estimacións suxiren que un gran número de persoas resultou feridas. UNICEF enviará subministracións médicas tales como kits de saúde.
  • O sarampelo está xa presente en Vanuatu e calquera brecha nos sistemas de saneamento ou de saúde pode ser mortal. UNICEF está a despregar clínicas temporais para garantir que as vacinacións continúan e os servizos de saúde se continúan.
  • As escolas están a ser utilizadas como centros de evacuación, polo que UNICEF apoiará a educación dos nenos, incluída a subministración de kits de material escolar "Escolas nunha caixa". Nos centros de evacuación, habilitaranse lugares para garantir a protección dos nenos como os Espazos amigos da infancia.

Mentres o ciclón Pam causa estragos en Vanuatu e as Illas Salomón, os líderes mundiais, gobernos e a sociedade civil, están reunidos en Sendai (Xapón), na Conferencia Mundial de Nacións Unidas sobre Redución do Risco de Desastres.

Esta reunión é parte dun esforzo global para reducir a perda de vidas e a carga financeira causada polas crises humanitarias naturais ou de orixe humana.

Maidaborn engadiu: "A crecente frecuencia dos desastres naturais relacionados co clima son unha ameaza constante para as persoas que viven en países como Vanuatu. O ciclón Pam é un recordatorio para os líderes mundiais reunidos en Sendai 
de que temos que inverter e apoiar as necesidades dos nenos e as súas comunidades nesta vulnerable rexión".

Para contribuir ao traballo de UNICEF nesta emerxencia:

https://www.unicef.es/cooperacion-internacional/donar-ong/hacer-donacion/fondo-de-emergencias

Por teléfono: 902 31 41 31 (luns a venres de 9 a 22 h, sábados de 11 a 17 h.)

Más información:

Alice Clements UNICEF Pacífico , communications unit Telf: +679 992 5606 (Roaming) / +678 546 7132 (Vanuatu) E-mail: [email protected]

Belén de Vicente UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55 E-mail: [email protected]

Acerca de UNICEF:

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.