Zimbabwe: percorrer 6 quilómetros en busca de auga é cousa do pasado

O 18% da poboación de Zimbabwe non ten acceso a sistemas de auga potable, e o 56% non ten acceso a instalacións axeitadas de saneamento. Durante máis de tres anos, a cidade mineira de Shurugwi tivo grandes dificultades para garantir o abastecemento de auga potable para a súa poboación.

A cidade só puidogarantir menos da metade da auga que necesita a comunidade, debido á ausencia de tratamentos químicos da auga e os baixos ingresos derivados da prestación de servizos, entre outros factores.Emily Butauembarcábase cada día nunha longa viaxe para recoller auga para a súa familia. Despois de enviar os seus tres fillos á escola, comezaba a súa tarefa: "Diariamente, uníame a outras mulleres desta comunidade pare percorrer 6 quilómetros en busca de auga", conta Butau. "Nin sequera tiña tempo de traballar para complementar o soldo do meu marido, xa que me pasaba o día recollendo auga para a miña familia", engade. Ademais, nin sequera a auga que recollía procedía sempre de fontes seguras, e os seus fillos sufrían frecuentemente diarrea.  

Investir en auga e investir en saúde dos nenos

Afortunadamente paraButau e os outros residentes, a situación agora está a cambiar. En 2011, UNICEF, co apoio dos seus aliados, levaron a cabo unha renovación masiva dirixida á rehabilitación do sistema de abastecemento de auga en Shurugwi. Un investimento de aproximadamente 1 millón de dólares permitiu a instalación de novas bombas de auga en dúas fontes de auga. Os fondos tamén axudaron a renovar os clarificadores, filtros de area e equipos de dosificación de produtos químicos na planta de tratamento de auga de Mhanzimdaka. Tamén se instalou unha técnica para potabilizar a auga que chega á comunidade. Isto ten aumentando un 70% a cantidade de auga tratada na cidade. Butau dixo que dende decembro de 2011, houbo unha mellora na cantidade e a calidade da auga que chega aos seus fogares. "O obxectivo do investimento en obras hidráulicas é protexer a poboación da cólera e outras enfermidades procedentes da auga, como pasou en 2008 e 2009", afirmou o Representante de UNICEF en Zimbabwe, Peter Salama.

Sistemas mellorados de auga

Con máis de tres anos sen unha fonte segura de auga, os habitantes deShurugwi negáronse a pagar as súas facturas de auga. O concello céntrase agora en alentar o pagamento de facturas para manter o sistema de auga mellorado. "O pagamento das facturas de auga é a nosa principal fonte de ingresos para o concello, pero agora só estamos a recadar o 20% ", afirma o Secretario da cidade, Solomon Siziba. "Estamos a traballar para restaurar a confianza dos residentes, a confianza nos nosos servizos para obter unha fonte de ingresos e continuar coa subministración de auga potable aos residentes,". "A auga vese e sabe limpa estes días", afirmaButau, quen está feliz porque a auga é segura para a saúde dos seus fillos.