Youssou N'Dour pide apoio para os nenos do Corno de África

O Embaixador de Boa Vontade de UNICEF Youssou N'Dour, tras reunirse con familias afectadas pola seca no Corno de África, fixo un chamamento aos líderes mundiais africanos e doutras partes do mundo para encontrar solucións duradeiras a estas crises cíclicas.

"Despois de mirar á cara e escoitar a voz daqueles que están atrapados nesta traxedia, paréceme inaceptable que existan estas historias de sufrimento e desespero nestes tempos", dixo. "Debe haber un foco indivisible e que non se desvíe sobre o que lles está a suceder aos nenos aquí no Corno de África. Cada un de nós ten un papel que xogar na resposta ás necesidades urxentes destes nenos, e en facer o que sexa necesario para evitar que isto volva suceder".

Visita aos campamentos de Dadaab

N'Dour reuniuse onte conrefuxiados somalís que viven nos campamentos deDadaab, no nordés de Kenya. A principios desta semana, a ONU anunciou que o número de persoas afectadas pola fame en Somalia se duplicara, a 750.000, dende xullo. Durante a súa visita aos campamentos de refuxiados,N'Dour viu de primeira man o tratamento de nenos condesnutrición severa, os esforzos de inmunización e as escolas que se abrironesa semana nos campamentos.

"Estou seguro de que as axencias humanitarias están a facer todo o posible para chegar a aqueles que necesitan a súa axuda", dixo N'Dour. "Temos a responsabilidade de facer o posible para poder chegar a todos os nenos, para poder cubrir as súas necesidades inmediatas, garantir a súa saúde e que estean protexidos de todo dano. "

N'Dour subliñou a necesidade dun esforzo colectivo, involucrando os líderes africanos e as comunidades locais, para evitar o ciclo anual de seca e enfermidades na rexión. "Cos recursos e coñecementos dispoñibles no mundo hoxe, paréceme intolerable que vexamos estas situacións de emerxencia unha e outra vez", dixo. "As nacións, os líderes e as comunidades africanas, xunto con outros líderes mundiais, deben priorizar solucións duradeiras. Isto significa o fortalecemento dos gobernos para que realicen investimentos axeitados nos servizos básicos, defendan a paz para que as persoas non se vexan obrigadas a fuxir dos seus fogares e medios de vida, protexan o medio para que os pobos teñan un modo de vida sostible, e capaciten ás comunidades locais, que é de onde xurdirá o proceso de cambio".