Xordania: UNICEF apoia actividades para os nenos sirios refuxiados

UNICEF, xunto ao Fondo Hachemita Jordano para o Desenvolvemento Humano (JOHUD), unha ONG nacional e aliada puxo en marcha en Maan (Xordania) actividades para os nenos sirios refuxiados no país.

"Aquí todos somos da mesma idade e tratamos de aliviar a tensión e canalizar a nosa enerxía en algo positivo e útil mediante a participación en artes e oficios e aprendendo a cociñar", conta Nermine, unha das nenas cuxa familia se instalou en Maan. "Todo isto axúdanos". Os nenos das 150 familias que viven agora en Maan continúan a súa educación con normalidade, despois de ser admitidos nas escolas locais de Xordania. "Ao principio, está claro que se viron afectados pola situación na que se encontraba o seu país", sinala Nooran Sherari, que imparte arte nun centro de JOHUD. Chegaron aquí, a un lugar onde non coñecían a ninguén... Cando empezaron a canalizar a súa enerxía a través da pintura, entendemos polo que estaban a pasar".

"Os nenos viron cousas que non deberían ter visto á súa idade. Viron a violencia, sangue, feridos, mortos. Víronse desprazados e como humillaban ás súas familias", engade a profesora. Non obstante, as actividades están a axudar moito aos nenos sirios a superar estas experiencias, tal e como explica Sherari: "Despois dun tempo, empezaron a gozar das actividades. Decateime porque ás 8 en punto, todos estaban a esperar na porta, listos para comezar a clase,".

os nenos fuxiron do horror

Omaima encóntrase nunha clase de costura que se imparte semanalmente e cóntanos a súa historia e os terribles recordos dos últimos días: "Houbo un intenso tiroteo e moita xente morta nas rúas. Houbo disparos e as casas e os edificios derrubáronse. Os feridos xacían no chan. Foi terrible vivir todo iso", explica. Conta que volver á escola trouxéralle certa normalidade ata que os disturbios obrigaron a suspender as clases. O día que a escola volveu abrir, os profesores e alumnos encontráronse cunha mensaxe arrepiante. "Había unha nota na porta da escola advertindo que os pais que enviaran aos seus fillos á escola, o lamentarían. Algúns nenos foron a pesar de todo e algúns foron asasinados", continúaOmaima.

"O día que abandonamos Homs, houbo un bombardeo", recorda Nermine, de 16 anos. "Estabamos a punto de deixalo todo - a nosa familia, os nosos parentes. Non estabamos seguros de se aínda quedaría algo alí cando volvésemos. E estabamos a punto de ir a un mundo novo do que non coñeciamos nada". "Ir á escola e chegar a este centro axudounos moito. Pero é difícil esquecer o que está a suceder en Homs. Onde queira que vaia, Sirya está na miña mente", conta Omaima.