UNICEF prepara a súa resposta aos afectados polas inundacións en Filipinas

UNICEF estase a preparar para responder ás necesidades de aproximadamente 43.000 nenos afectados polas inundacións causadas pola tormenta tropical Washi en Mindanao, Filipinas.

Estímase que14.000 nenos se encontran en centros de evacuación. Os organismos e axencias internacionais están a levar a cabo un plan de acción para responder ás principais necesidades das familias desprazadas. Unha das cuestións que máis preocupa a UNICEF son as condicións da auga e o saneamento, a saúde e estado nutricional dos nenos, especialmente menores, de cinco anos, e aprotección dos nenos en centros de evacuación e as comunidades afectadas.UNICEF preparou materiais para o seu envío ás zonas afectadas, incluíndo: kits de auga, para garantir auga limpa e segura; kits de hixiene, que contén xabón, cepillos de dentes e artigos de hixiene persoal; carpas e lonas para refuxios temporais; vitamina A para as nais e os seus bebés; materiais informativos sobre a importancia da lactación materna para reducir o risco de mortalidade infantil; e xogos recreativos para que os nenos poidan xogar e ter un sentido de normalidade.