UNICEF: a inestabilidade en Malí, un perigo para nenos e nais

UNICEF advertiu do impacto negativo que a crise no norte de Malí está a ter sobre a saúde, xa que está a afectar ás campañas de inmunización e aos centros de saúde, moitos dos cales foron atacados.

Deste xeito, aumentou dramaticamente o risco de contraer enfermidadescomo a cólera, o sarampelo e apolio, e podería aumentar a mortalidade materna e infantil, tal e como asegura George Fom Ameh, Responsable de Saúde de UNICEF en Bamako. A campaña prevista para a semana pasadacontra a poliomielite no norte non puido levarse a cabo, e debido a que hai persoas cruzando as fronteiras existe a posibilidade de que se propaguen enfermidades.Máis da metade de todos os centros de saúde foronatacados e o número de profesionais de saúde reduciuse entre un 18 e un 27% respecto aos existentes anteriormente. Tamén preocupa a falta de atención especializada para as mulleres durante o embarazo e o parto, aumentando o risco de mortes maternas e de recén nacidos.

UNICEF  prepárase ante un posible aumento da cólera

Nicolas Osbert, Responsable de Auga, Saúde, Saneamento e Hixiene de UNICEF enBamako, di que tamén é probable unaumento de casos de cólera. Esta enfermidade é endémica no país, e debido a que a subministración de auga se viu afectada pola escaseza de combustible no norte, UNICEF estase a preparar para facer fronte a un incremento do número de casos. Necesitaranse medidas de prevención da cólera para unhas 500.000 persoas en Malí nas zonas de risco. As medidas inclúen o aumento do nivel de cloro nas redes de auga, formar as comunidades e a entrega de kits de auga, saúde, saneamento e hixiene.UNICEF xa distribuíu kits de auga e saneamento - que inclúen xabón e artigos de uso doméstico de tratamento de auga - para 10.000 persoas nas rexións de Gao,Tombuctú, Ségou e Mopti e prepararanse subministracións adicionais antes da tempada de chuvias que comeza en xullo.UNICEF tamén está a planificar unhacampaña de formación pública sobre a cólera e solicitará recursos adicionais para facer fronte a este problema grave. No sur do país, onde se encontra o 87 por cento dos nenos en risco de desnutrición aguda severa, UNICEF está a subministrar alimento terapéutico listo para usar. UNICEF continúa apoiando o Ministerio de Saúde na subministración de medicamentos e atención da saúde para as poboacións do sur.UNICEF fixo un chamamento de 33 millóns de dólares (25,84 millóns de euros) para facer fronte a esta emerxencia en Malí para os próximos seis meses, e ata agora recibiu pouco máis da metade desa cantidade. Ademais, necesítanse outros 4 millóns de dólares (3,3 millóns de euros) para facer fronte á cólera.