UNICEF e Wella únense para dar formación profesional a mozos vulnerables en Brasil

UNICEF e Wella Professionals uníronse na iniciativa Wella-UNICEF Making Waves co obxectivo de ofrecer a mozos en situación de vulnerabilidade de países en desenvolvemento a oportunidade de converterse en profesionais do peiteado, aprendendo o oficio.

O punto de partida desta iniciativa, na que tamén participan perruqueiros de todo o mundo e os seus clientes, éBrasil. Durante tres anos, desenvolverase un programa en terreo que proporcionará formación a máis de 7.500 adolescentes de 1.300 municipios.En Brasil, uns 8 millóns de mozos teñen baixos niveis de educación, o 40% non remata a educación primaria e a metade non remata a educación secundaria. A educación contribúe a mellorar as condicións de vida e erradicar o círculo de pobreza que sofre a infancia no mundo en desenvolvemento. Con este programa axudaráselles a desempeñar unha profesión, preparándose nos tres novos centros de formación construídos para o efecto nos últimos anos porWella Professionals e UNICEF. Os estudantes que se gradúen estarán máis capacitados para construír unha carreira profesional en peiteado no seu país.

Wella ProfesSionals doará clases de peiteado a mozos de Brasil

Coa compra de determinados produtos de Wella Professionals durante a campaña de Nadal, a empresa de cosmética capilar, moda e beleza doará 16 clases de peiteado a mozos de Brasil en situación de vulnerabilidade.

Máis información en www.regalaunfuturo.es