UNICEF cumpre 65 anos

UNICEF cumpre 65 anos

O pasado 11 de decembro UNICEF celebrou o seu 65 aniversario. Poucos imaxinaban que sobreviviría ata hoxe, tendo en conta a súa fundación en 1946 a partir dun excedente de recursos da Administración de Socorro e Rehabilitación das Nacións Unidas para garantir o futuro dos nenos en Europa.

Seis décadas e media despois da súa fundación, UNICEF segue apoiando os nenos afectados polos conflitos e as crises, pero ademais asumiu un papel máis amplo: traballou para prestar servizos integrais aos nenos e defender todos os seus dereitos.

O 11 de decembro de 1946 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu por unanimidade o Fondo Internacional de Emerxencia para a Infancia(UNICEF) para organizar os programas de socorro de emerxencia para os nenos. Os principios baseados nos dereitos e a igualdade axudaron a guiar o labor de UNICEF dende o comezo. A mediados da década de 1960, UNICEF realizou un estudo que incorporou as análises vangardistas doutros organismos das Nacións Unidas, centrado nas necesidades da infancia nas súas respectivas esferas. Este informe presentou unha teoría integral sobre o desenvolvemento do neno e defendeu a causa da inclusión sistemática das necesidades da infancia nos plans de desenvolvemento nacionais.

a revolución da supervivencia e o desenvolvemento infantil.


A principios da década de 1980, a taxa de mortalidade infantil considerábase un indicador do nivel de desenvolvemento dun país. UNICEF e o seu entón Director Executivo,Jim Grant, investiron este convencionalismo en 1982, coa proposición de que un ataque directo contra a mortalidade infantil reportaría dividendos para o desenvolvemento socioeconómico dun país.Este foi o comezo de "a revolución da supervivencia e o desenvolvemento infantil", onde técnicas de atención primaria de saúde, se aplicarían nun esforzo para vencer as infeccións habituais da primeira infancia. As técnicas coñecéronse colectivamente como CTLI: C por Control do crecemento; T por Tratamento de rehidratación oral; Lpor Lactación materna e I por Inmunización. Esta estratexia resulto atractiva porque os seus métodos eran de baixo custo.Ademais, comprendía o apoio de todos os estratos sociais en nome da supervivencia infantil: medios de comunicación, líderes relixiosos, personaxes célebres de todas clases, organizacións no, así como os tradicionais aliados gobernamentais de UNICEF.

os dereitos do neno toman un papel protagonista

En 1987, UNICEF inclinouse a favor do establecemento dunha nova convención que substituíse a Declaración de Dereitos do Neno de 1959. O seu apoio e capacidade de convocatoria foron factores decisivos que conduciron á aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno en novembro de 1989 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.As proteccións xurídicas consagradas na Convención axudaron a impulsar as cuestións sobre a protección infantil ao cume da axenda política e achandaron o camiño para importantes iniciativas, avaladas por UNICEF e outros moitos aliados.A Convención e os seus protocolos constitúen aínda os alicerces da misión de UNICEF.

 

Unha formulación centrada na equidade

Na primeira década do século XXI, o labor de UNICEF seguiu centrado en todos os aspectos do benestar dos nenos. A supervivencia infantil perdurou como tema central. O avance mundial da supervivencia infantil significou que a cifra de nenos pequenos que morrían todos os anos caeu por debaixo dos 10 millóns, dende os máis de 12 millóns rexistrados en 1990, mesmo malia o incremento continuado da poboación de nenos menores de cinco anos.O labor humanitario de UNICEFquedou reforzado coa actualización dos Compromisos básicos para a infancia en situacións de emerxencia. A protección dos nenos vulnerables e a loita contra oVIH/SIDA figurou de xeito máis prominente que nunca nos programas de UNICEF, ao igual que a igualdade de xénero e a potenciación da figura de mulleres e nenas, o traballo con e polos adolescentes e a forxa de alianzas. A educación, nutrición, saúde e inmunización continuaron como compoñentes fundamentais no deseño de programas deUNICEF, todos cunha formulación baseada nos dereitos humanos e coa atención posta nos resultados. Dende 2010, UNICEF achegou ao seu traballo un interese renovado pola equidade, que se puxo de relevo no diálogo mundial sobre desenvolvemento. Os principios da igualdade formaron parte da visión de UNICEF dende o mesmo día da súa fundación e son parte da súa declaración de principios. En todo o que fai UNICEF, a infancia máis vulnerable e os países en maior situación de necesidade teñen a máxima prioridade.Como a maioría dos propósitos valiosos, a posta en marcha dun enfoque centrado na equidade será un reto.UNICEF, ao longo da súa historia, sempre abandeirou o pensamento e a acción en novas direccións,co obxectivo de brindar apoio ao progreso dos nenos do mundo.