Unha campaña de vacinación protexe os nenos vulnerables na rexión fronteiriza de Kenya e Somalia

En Liboi, a 90 quilómetros de Dadaab, Kenya, os traballadores comunitarios da saúde e os anciáns da comunidade están a facer todos os esforzos posibles para salvar as vidas dos nenos. Co apoio de UNICEF, estase a levar a cabo unha campaña de vacinación contra a polio e o sarampelo a nenos menores de cinco anos, xa que se encontran nunha situación de gran vulnerabilidade debido aos elevados niveis de desnutrición.

Liboi e outras comunidades da rexión encóntranse fronte a unha crise de supervivencia infantil. En circunstancias como estas, os nenos non morren polo xeral debido á falta de alimentos unicamente, senón que, debilitados pola desnutrición, van perdendo a capacidade de defenderse dasenfermidades. A zona sofre por partida tripla as consecuencias daseca, o marcado aumento dos prezos dos alimentos e o fluxo dos refuxiados provenientes de Somalia.

Os habitantes da rexión estanse a envorcar con esta campaña para protexer os seus fillos de enfermidades como o sarampelo e a poliomielite, que son potencialmente mortais e que se propagan rapidamente nas épocas de seca.

a importancia da participación comunitaria

No marco da súa resposta á crise no Corno de África, UNICEF subministra as vacinas destinadas ás comunidades afectadas pola seca, como Liboi .

A rexión ten baixas taxas de cobertura de inmunización sistemática, de maneira que asprobabilidades de que acontezan brotes de enfermidades son elevadas. A iso únese oelevado fluxo de refuxiados provenientes deSomalia, onde a cobertura de inmunización tamén é baixa.

Grazas aos labores de mobilización que realizan os anciáns da comunidade, os pais e nais de Liboi levan os seus fillos aos postos onde os traballadores da saúde realizan os labores de vacinación.

O coordinador da campaña de vacinación neste distrito,Mohammed, non perde as esperanzas. Sufriu os efectos da poliomielite e está comprometido a garantir a inmunización de todos os nenos menores de cinco anos. Así, acompaña persoalmente o equipo de traballadores da saúde comunitarios nas súas roldas para asegurarse de que non quede ningún neno sen vacinar.

Estou comprometido con todas as miñas forzas e con todo o meu corazón con este esforzo ", comenta Mohammed. "Eu sei o que significa para un neno ter poliomielite, os desafíos que debe superar. Porque eu pasei por todo iso", engade.Hawa Abdulla, nai de 10 fillos, levou o menor de tres anos, Ayub, para que o vacinasen contra o sarampelo e a poliomielite e lle desen suplementos de vitamina A e pastillas antiparasitarias. Coñece perfectamente a importancia da inmunización, xa que dous dos seus fillos tiveron sarampelo. "Para que os nosos fillos estean protexidos é necesario vacinalos, explica.

Unha crise de supervivencia infantil

As actividades sanitarias que se levan a cabo en Liboi forman parte dunha campaña de vacinación integral cuxo obxectivo consiste eninmunizar máis de 200.000 nenos menores de cinco anos nas comunidades próximas a Dadaab.