Unha cadea que xera vida en Sudán do Sur

Por Diana Valcárcel, Coordinadora de Proxectos de Comunicación de UNICEF España

Nas visitas que fixen a proxectos de UNICEF en diferentes países alégranme especialmente os programas comunitarios, aqueles que como vasos comunicantes van transmitindo os coñecementos dende a base da sociedade.  

Estamos na cidade deTorit, rexión deEquatoria del Este, en Sudán do Sur, un país independendizado do seu veciño do norte en xullo de 2011 e que conta cunha poboación de ao redor de 9 millóns de habitantes. Despois dunha gran tormenta conseguimos chegar por un camiño case imposible a uncentro de formación de mulleres xestionado por unha organización comunitaria local chamada CECDAG, apoiada por UNICEF, que proporciona consellos de saúde e nutrición á poboación veciña."Cando o meu fillo tiña un ano pesaba tan só 5 quilos. Temía pola súa vida. Viñeron a visitarme do programa comunitario á miña aldea e ao ver o estado do meu fillo indicáronme que fose ao centro de alimentación terapéutica do hospital de Torit", cóntanos Elizabeth Martin co seu fillo Mario nos brazos. "Despois dunhas semanas de tratamento, restableceuse e dérono de alta". Mario ten agora 2 anos e dous meses. Dorme tranquilo e san nos brazos da súa nai.Elizabeth forma agora parte do programa comunitario de mulleres xestionado porCECDAG que recibe formación para transmitila ás persoas das aldeas veciñas. "Estou moi contenta de que me levasen ao hospital, moi agradecida ao apoio de UNICEF e do Ministerio de Saúde. O que eu aprendín, ensínoo agora a outros". Esta cadea de transmisión é a que atrae toda a miña atención.

Transformando a sociedade do país máis novo do mundo

As 30 mulleres que coñecemos esta tarde, formadas por CECDAG cóntannos quitándose a palabra unhas a outras: "Ensinamos as nais a facer a papa.  Ee WE  EE

Explicamoslles  que ten que ter para que os seus fillos estean sans e como a teñen que cociñar. Tamén revisamos o estado nutricional dos nenos para ver se algún necesita ser enviado ao hospital, ensinámoslles hábitos de saúde".

Os retos aos que se enfronta o país son moi numerosos: arredor do 15% dos nenos sofren desnutrición aguda, o 70% dos nenos entre 6 e 17 anos nunca foi á escola, só o 3% teñen postas todas as vacinas. Pequenos programas comunitarios, como este, apoiado por UNICEF, van transformando pouco a pouco esta sociedade do país máis novo do mundo.  

As mulleres do centro despídense con cantos e bailes baixo a chuvia. Conseguimos sortear o charco cunha taboíña de madeira que colocou unha delas. Seguramente o país será igualmente capaz de sortear outros obstáculos se segue recibindo os apoios que necesita. UNICEF, grazas ao apoio de tantas persoas, institucións, empresas, estará aí,traballando para que todos os nenos ata en lugares tan remotos como esta aldea de Torit que acabamos de visitar, teñan as oportunidades necesarias para saír adiante.