Terremoto en Nepal: como podo axudar os nenos e as súas familias?

O número de mortos que deixou o terremoto en Nepal non deixa de aumentar. Hoxe espertamos coa cifra de máis de 4.000 falecidos. Katmandu está reducido a entullos e a xente dorme na rúa por temor ás derrubas dos poucos edificios que quedan en pé.

 

Os nenos de Nepal están a vivir o caos e o horror posteriores ao sismo en primeira persoa. O número de nenos afectados case se triplicou en menos de 24 horas. Segundo os últimos informes case 3 millóns de nenos están afectados polas consecuencias do terremoto e en UNICEF queremos levar axuda a todos eles.

Para poder atender a todos estes nenos necesitámoste. Queres saber como podes
colaborar cos nenos afectados polo terremoto? Propoñémosche 4 opcións:

1. Fai unha
doazón na nosa web. A opción máis rápida mentres les isto. No noso formulario de doazón poderás achegar a cantidade que desexes para axudar aosnenos de Nepal.

2.
Envía un SMS. Cando non esteas na casa e te acordes dos nenos de Nepal podes enviar un SMS ao 38080 *. Con esa mensaxe, estarás a doar 4 euros. Non se che esqueza confirmar!

3.
Faite socio. Cando se produce unha emerxencia repentina, en UNICEF podemos responder rapidamente grazas ao diñeiro que achegan periodicamente os nosos socios. Esta pode ser a túa opción se queres que a túaaxuda sexa a primeira en chegar en futuras emerxencias.

4.
Difunde todo o que poidas. O máis importante é que a voz de Nepal non se apague. Os nenos de Nepal van necesitar toda a axuda que poidamos facerlles chegar. Por iso, conta a súa situación aos teus amigos e familiares para que eles tamén poidan colaborar. Se tes un blog ou páxina web, tamén podemos usar os banners que preparamos.

TERREMOTO EN NEPAL: A SITUACIÓN DOS NenOS xA ERA CRÍTICA 

En UNICEF levamostraballando máis de 40 anos polainfancia en Nepal, un país no que a situación dos nenos xa era crítica antes do terremoto. O 41% dos nenos menores de 5 anos sofren desnutrición crónica e un 65% da poboación non ten acceso a saneamento axeitado. Ademais, as taxas detrata e outras formas deviolencia contra os nenos son moi elevadas.

Agora estamos a traballar a contra o reloxo para responder de forma inmediata ás necesidades dos nenos en auga, saneamento e hixiene; nutrición, saúde, educación eprotección. Nos próximos días, reforzaremos a resposta ao terremoto con máis persoal.

*IMPORTE DO SERVIZO SMS SOLIDARIO 4 € ÍNTEGRO PARA UNICEF. Servizo de SMS para a recadación en campaña solidaria. O usuario debe responder SI ao sms de confirmación para realizar a doazón. Válido para MovistarVodafoneOrange e Amena. Operador titular do número: UNICEF Comité Español. c/ MauricioLegendre, 36. 28046 Madrid. N.Atn. clte:902228028,
[email protected]. Información legal e protección de datos:www.unicef.es