Sudán do Sur: nenos que perden a súa infancia

Nyawuar, de 5 anos, e Tasou, de 2, están a punto de perder a súa infancia. Viven nunha pequena tenda de campaña improvisada no campo para desprazados internos de Tomping, aos arredores de Juba.

 

Comparten ese espazocon outros 11 nenos que tamén se viron obrigados afuxir das súas casas debido ao conflito enSudán do Sur. O campo alberga uns 21.000 desprazados que escaparon da morte e a violenciade Juba, a capital. "Non podo durmir, vai calor e non teño cama. Gústame isto porque a miña nai está aquí, e tamén os meus irmáns e irmás. Ademais temos amigos. Vin moitos nenos que están sós, e eu non quero estar só", diNyawuar. Uns 429.000 nenos están desprazados en Sudán do Sur. UNICEF está a traballar para ter subministracións preparadas antes do inicio das chuvias e previr un desastre. A ameaza de inseguridade alimentaria é real, xa que a violencia e os desprazamentos interromperon a produción agraria nacional. Ata a data rexistráronse 13.842 casos de desnutrición severa aguda.

Sudán do Sur: a respuesta á crise humanitaria

Dende que empezou a crise distribuíronse subministracións de emerxencia por valor de 8 millóns de dólares e as provisións van en aumento, incluíndo alimento terapéutico e suplementos de vitamina A. Máis de 215.000 desprazados reciben auga potable cada día. Preto de 187.000 nenos foronvacinados contra o sarampelo e 54.200 persoas foron vacinadas contra a cólerade xeito preventivo. Ademais, 22.000 nenos participan en actividades deapoio psicosocial e máis de 5.600teñen acceso a actividades educativas.Pero UNICEF necesitaurxentemente fondos para atender as necesidades da poboación desprazada polo conflito durante 2014: 54,7 millóns de euros, para poder dar resposta á poboación afectada.