Sudán do Sur: a cólera únese á guerra e á fame

A cólera está presente en Sudán do Sur. Súmase á guerra e á fame, que xa son habituais no país máis novo do mundo.

 

Os enfermos van llegando,uno a un, coa axuda de familiares e amigos, ao Centro de Tratamento da Cólera, un pavillón illado no Hospital Universitario deJuba, en Sudán do sur, onde se están a tratar máis de 100 casos de cólera ata agora. Aínda que se vacinou 80.000 persoas contra a cólera recentemente, o Ministerio de Saúde confirmou o brote en Juba o 15 de maio. Dende que comezou a epidemia, o número de casos de cólera duplícase cada día, demostra o que que esta enfermidade é mortal e altamente contaxiosa e se está propaganda con rapidez.UNICEF está a proporcionar axuda integral con urxencia. Así o conta Claudia Vivas, especialista en emerxencias de UNICEF: "Instalamos tres carpas para xestionar os casos. Tamén traballamos dentro do hospital cos médicos e enfermeiras administrando sales de rehidratación oral a nenos e mulleres enfermos e a todos os pacientes. Estamos a mellorar a subministración de auga e o saneamento dentro do hospital. Empezamos distribuíndo auga potable, cloro, desinfectando os materiais e xestionando os residuos".

Sudán do Sur: un sono convertido en pesadelo

UNICEF teme o peor para os centos de miles de nenos de Sudán do Sur, cun brote de cólera axexando oscidadáns máis novos da nación máis nova do mundo. O sono dun Sudán do Sur pacífico e saudable estase a converter nun pesadelo para os seus nenos. Un 80% dos nenos menores de 5 anos nos tres estados afectados polo conflito teñen un alto risco decontraer enfermidades e de morrer.E como o conflito se estende por todo o país, uns 50.000 nenos poderían morrer por desnutrición; 740.000 nenos menores de 5 anos teñen un alto risco de sufririnseguridade alimentaria.É necesaria unha intervención urxente parasalvar as vidas dos nenos máis vulnerables.