Sirya: UNICEF intensifica o seu traballo

UNICEF está a acelerar os seus plans para axudar aos nenos e familias desprazadas pola crise de Sirya ante a chegada do duro inverno a unha rexión onde as temperaturas poden descender ata preto dos 0 graos centígrados.  

As condicións climatolóxicas convertéronse nun dos principais temas que se trataron durante unha reunión celebrada este fin de semana no campamento de refuxiados de Za'atarientre os líderes comunitarios e os Directores Executivos dos Comités Nacionais de UNICEF en Reino Unido, Francia, Alemaña e Países Baixos. Os líderes da comunidade de refuxiados expresaron a súa preocupación polo impacto das baixas temperaturas nas familias que fuxiron de Sirya só con roupa de verán -e que viven principalmente en tendas de campaña-, xunto aos efectos das chuvias e os fortes ventos. Uns 30.000 refuxiados sirios, a metade deles nenos, refuxiáronse nas tendas de campaña deste campamento que se encontra nunha zona desértica do norte de Xordania.

1,2 millóns de persoas desprazadas dentro de Sirya e 300.000 refuxiadas nos países veciños

Ao redor de1,2 millóns de persoas están desprazadas dentro de Sirya, mentres que máis de 300.000 persoas se inscribiron ou están á espera de de rexistrarse como refuxiados en Turquía, Líbano, Xordania e Iraq."UNICEF está a intensificar os plans para axudar aos refuxiados no norte de Xordania fronte á chegada do inverno, que será especialmente duro para os nenos máis pequenos", dixo Dominique Isabelle Hyde, Representante de UNICEF Xordania. "A resposta de UNICEF inclúe roupa de abrigo para nenos, auga quente para as duchas e tendas de campaña preparadas para o inverno no que albergar espazos de protección da infancia e escolas". Os 90 puntos de hixiene, auga e saneamentosituados no campamento de Za'atariforon teitados, e ademais instaláronse 450 duchas con auga quente. UNICEF substituirá tamén as casetas que son utilizadas como Espazos Amigos da Infancia para que estean preparadas para o inverno, cunha dobre capa de tea e chans cunha lixeira elevación. Ademais, ampliáronse as instalacións utilizadas como aulas, incorporando 15 novas unidades prefabricadas preto deRamtha. UNICEF tamén está a intensificar as súas tarefas para preparar contra o frío as persoas situadas en Sirya, Turquía, Líbano e Iraq.

"As necesidades son moitas e cada vez maiores, non só en Xordania senón en Sirya e os países veciños", dixo David Bull, Director Executivo do Comité Nacional de UNICEF en Reino Unido. "O persoal de UNICEF e os seus aliados estiveron a traballar sen descanso para facer fronte ao crecente número de refuxiados e proporcionar servizos esenciais para os nenos, como educación, protección, auga e saneamento. A nosa tarefa agora é conseguir os fondos que UNICEFnecesita desesperadamente para seguir apoiando os nenos. " Durante a súa visita ao norte de Xordania, os Directores Executivos dos Comités Nacións de UNICEF en Reino Unido, David Bull; Francia,Gerard Bocquenet; Alemaña,Christian Schneider e Países Baixos,Jan Bouke Wijbrandi, puideron ver de primeira man o traballo de resposta de UNICEF ante a emerxencia, en áreas como a educación, a protección dos nenos e auga, saneamento e hixiene. Tamén se reuniron con líderes comunitarios representantes dos refuxiados, puideron ver o pozo perforado por UNICEF para subministrar auga en Za'atari, e foron informados acerca da situación actual, por parte do persoal de UNICEFen Sirya e o Líbano .